InicioMedio Ambiente e PatrimonioVigo apaga os seus monumentos pola 'Hora do Planeta' o vindeiro sábado

Vigo apaga os seus monumentos pola ‘Hora do Planeta’ o vindeiro sábado

Vigo sumarase o vindeiro sábado, 28 de marzo, á 'Hora do Planeta', unha iniciativa de WWF, e apagará luces de lugares emblemáticos da cidade entre as 20.30 e 21.30 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nun audio remitido aos medios, o alcalde, Abel Caballero, definiuno como un “xesto simbólico” de mostra do “compromiso” municipal con respecto á natureza e o clima, que —nas súas palabras— o Concello mostra “continuamente” con outros xestos; por exemplo, citou a recuperación do sistema dunar de Samil. En concreto, apagarán o edificio municipal situado na Praza do Rei, a escultura dos cabalos da Praza de España, a pérgola de Travesas, as fontes da rúa Aragón e a fonte de Gran Vía.

EXPOSICIÓN PERMANENTE DE LUGRÍS

Por outra banda, o Concello inaugurará a finais de maio unha exposición permanente do pintor Urbano Lugrís, que, en palabras de Caballero, “pintou marabillosamente a cor da luz de Vigo”. A mostra situarase na primeira planta da Casa das Artes. O Concello trasladará ata alí murais que agora están en Castrelos (‘Misterios do Mar’ e ‘Mapa de Galicia’) e sumará outras obras do artista, como ‘Habitación dun vello mariñeiro’. Esta iniciativa busca poñer en valor o legado do artista vinculado á cidade e ofrecer un espazo fixo para a súa obra.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...