InicioSociedadeA Xustiza obriga ao Concello de Vigo a pagar á familia do...

A Xustiza obriga ao Concello de Vigo a pagar á familia do bombeiro falecido Sergio Sanlés polos servizos que realizou como cabo e sarxento

Un xulgado recoñece que asumiu durante anos funcións superiores sen selo oficialmente e fixa o abono das diferenzas salariais por máis de 30 gardas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo deberá abonar á familia do bombeiro Sergio Sanlés, falecido nun derrube en maio de 2024, as diferenzas retributivas derivadas de varios complementos por asumir funcións de cabo e sarxento sen selo oficialmente nos anos previos ao sinistro mortal. Así se recolle nunha sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, do pasado mes de novembro, na que o maxistrado estima parcialmente o recurso presentado pola viúva do funcionario contra unha resolución municipal que rexeitara inicialmente as súas pretensións.

FUNCIÓNS SUPERIORES DURANTE 4 ANOS

Na resolución xudicial, o xuíz sinala que “non hai controversia entre as partes” respecto a que o bombeiro desempeñou, durante os catro anos anteriores ao seu falecemento, gardas nas que asumiu responsabilidades propias dos postos de cabo e sarxento dentro do servizo de bombeiros de Vigo. O propio Concello recoñeceu o dereito da viúva a percibir as diferenzas retributivas que lle puidesen corresponder ao seu marido, aínda que existía desacordo sobre a contía económica exacta.

MÁIS DE 30 GARDAS RECOÑECIDAS

Finalmente, o xulgado determinou que a administración municipal deberá abonar as cantidades correspondentes a máis de 30 gardas realizadas polo falecido entre os anos 2021 e 2024 exercendo funcións superiores, ás que se sumarán os intereses legais correspondentes. A resolución xudicial é firme e non admite recurso, polo que o Concello terá que proceder ao pagamento das cantidades recoñecidas á familia do bombeiro.

ÚLTIMAS

Acordo entre empresa e traballadores para retirar o ERE en GKN

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo acordou co seu persoal a retirada do...

Ferido grave un home de 35 anos tras lanzarse de cabeza nun parque de camas elásticas en Nigrán

Un home, M.B.G., de 35 anos de idade, resultou ferido grave tras golpear contra...

Cortes ferroviarios entre Vigo e Ourense: Renfe activa autobuses durante as obras da conexión de Plisan

Renfe habilitará entre o 27 de febreiro e o 2 de marzo un plan...

Vigo converterase en abril no epicentro mundial da pesca sustentable co Global Sustainable Seafood Galicia Forum

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse este mércores...