InicioSociedadeO TSXG absolve á condutora condenada polo incendio dun bus de Vitrasa...

O TSXG absolve á condutora condenada polo incendio dun bus de Vitrasa e rebaixa a pena ao seu compañeiro

O alto tribunal galego anula os 15 anos de prisión ao non ver probas da súa participación nos feitos e reduce a condena do autor material a 9 anos e medio ao considerar un único delito continuado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado pola exconductora da concesionaria de bus urbano de Vigo, Patricia F.N., contra a sentenza que a condenou a 15 anos de prisión como coautora do incendio dun vehículo da empresa, en vésperas do Primeiro de Maio de 2023, e en pleno conflito laboral na concesionaria. A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenaa por un delito de incendio, polo lume que calcinou por completo un bus, que ela conducía, na noite do 30 de abril de 2023, nunha parada do centro da cidade, á altura do Farol de Príncipe, e impúxolle 15 anos de prisión.

Ademais, á súa parella, Marcelo F.S., tamén o condenou por eses feitos, e impúxolle outros 7 anos máis de prisión polo incendio (nese caso con menos danos materiais) noutro autobús, minutos antes, noutra zona da cidade, en Tomás Alonso. En total, ela foi condenada a 15 anos de cárcere e el, considerado autor material dos lumes, a 22 anos de prisión. Ambos interpuxeron recurso de apelación ante o TSXG e agora, o alto tribunal galego, absolveu á condutora, ao considerar que non hai indicios suficientes da súa participación e que, como moito, poderíaselle atribuír un “encubrimento”.

Na súa resolución, o TSXG sinala que, mentres que non hai probas da participación da acusada no incendio ocorrido na rúa Tomás Alonso, tampouco hai evidencias de que realizase ningún acto para prender lume ao segundo bus (que ela mesma pilotaba), “nin consta indución”, “nin se relata acto de cooperación”, nin probas de que axudase na confección dos artefactos incendiarios utilizados. Segundo sinalan os maxistrados, “aínda que as sospeitas estean presentes”, non hai certidume sobre o concerto entre ambos os acusados para cometer eses feitos.

Respecto diso, sinala que unha chamada perdida de teléfono entre ambos, o feito de que ela conducise o autocar ou que fosen parella non permiten inducir a súa participación no delito. As probas expostas na sentenza do tribunal provincial, engadiron, só permiten inferir que a acusada “era coñecedora do que ía suceder e sucedeu”, o que no peor dos casos merecería reproche penal como un encubrimento (que tampouco se podería aplicar neste caso, ao ser parella os dous procesados).

REBAIXA DE CONDENA

No caso do acusado, condenado por dous delitos de incendio (polos dous autobuses afectados), o TSXG estimou parcialmente o seu recurso e, aínda que considera que se produciu un só delito, continuado, de incendio. “A sentenza apelada non se decatou –tampouco as partes o puxeron de manifesto– de que se trata dun delito continuado, na medida en que nos atopamos en presenza dun feitos froito dun plan preconcibido, executados da mesma forma nun breve lapso, que ofenden a varios suxeitos e infrinxen un mesmo precepto penal”, sinala o TSXG.

Por iso, fixa a pena en 9 anos e medio de prisión, aplicando a agravante de disfrace, xa que o acusado actuou ocultando a súa cara con lentes de sol, unha máscara e gorra, e cambiou parcialmente de roupa. O alto tribunal galego tamén establece que Marcelo F.S. deberá indemnizar a Vitrasa en 64.415,81 euros, e á aseguradora Allianz en 309.555 euros polos danos. A sentenza non é firme e contra ela cabe interpor recurso de casación ante o Tribunal Supremo; de feito, o letrado da defensa xa confirmou a presentación dese recurso.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...