InicioSociedade'Gargallada Científica', científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Patricia González, investigadora de CINTECX, gaña a primeira edición de 'Gargallada Científica' da UVigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a filosofía que impulsa ‘Gargallada Científica’, o concurso de monólogos científicos da Universidade de Vigo, iniciativa que acaba de coroar a Patricia González Cabaleiro, investigadora predoctoral no grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas, GeoTech, do Cintecx, Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, da UVigo, como gañadora da súa primeira edición coa proposta ‘Podería dicir que son’.

O xurado, integrado por Andrea Muras Moura, Luís Pena Morandeira e Ana Costa Montes, subliñou no seu fallo “a capacidade de Patricia para fusionar contido científico rigoroso cunha retranca galega moi característica nun vídeo cun guion orixinal e cheo de metáforas divertidas, acompañado dunha coidada calidade técnica e dunha interpretación especialmente destacable”.

En total presentáronse ao certame seis traballos que poden visualizarse a través da canle de Youtube da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da UVigo. Realizados polos investigadores Mario Soilán Rodríguez, Lorenzo Antonio Xusto Cousiño, Fernando Álvarez Álvarez, Celestino Quintela Sabarís e Wendy Fernández Poxou, a decisión final do xurado foi “especialmente complicada” pola alta calidade das propostas presentadas, das que destacaron “unha clara vontade divulgativa acompañada de recursos humorísticos variados e a capacidade de conectar cun público amplo”.

Patricia González, investigadora de CINTECX, gaña a primeira edición de ‘Gargallada Científica’ da UVigo
O vindeiro xoves participará no café Vitruvia nunha gala final con Quico Cadaval e máis divulgadoras

COMEDIA E CIENCIA EN DIRECTO

Como recollen as bases, o premio consiste nun kit audiovisual valorado en 600 euros, pensado para seguir estimulando na premiada a creación de novos contidos divulgativos. Ademais, e como colofón do concurso, as autoras participan este xoves nunha sesión de “só” de ciencia no Vitruvia Café de Vigo, unha sesión na que terá a oportunidade de pór en práctica as súas capacidades como monologuista fronte ao público e na que compartirá escenario coas científicas e divulgadoras Ángela Arnosa Prieto e Andrea Muras Mora, así como co actor e director de teatro Quico Cadaval, como convidado especial. O cartel complétase coa presenza de Quico Cadaval, unha figura esencial do teatro e do humor en Galicia.

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O certame de monólogos inscríbese nas actividades de divulgación científica da Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) con motivo do Día da Ciencia en Galego e nace co obxectivo de dar visibilidade ao talento divulgador en galego e mostrar que a investigación tamén pode ser fonte de gargalladas. As accións vinculadas a esta efeméride forman parte do plan especial 5º Aniversario Ciencia de Ida e Volta, que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía ? Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...

Abel Caballero presenta ‘ViveVigo’, o programa municipal para mobilizar 13.000 vivendas baleiras no mercado do aluguer

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres 'ViveVigo', un programa municipal de...