InicioSociedadeCaballero proclama récord: "O sábado foi o día con máis xente da...

Caballero proclama récord: “O sábado foi o día con máis xente da historia de Vigo”

O alcalde presume dun Nadal "extraordinario", con ocupación hoteleira por riba do 90 % e afea ao BNG e ao PP que "queiran apagar" a festa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, prevé que o pasado sábado, día 6 de decembro, se constate como “o día no que houbo máis xente da historia” na cidade, polo “triunfo” do Nadal. Nun audio enviado aos medios de comunicación, o rexedor dixo que a ocupación hoteleira na urbe olívica superou o 90 % venres, sábado e domingo, con niveis “moi elevados” noutras localidades da contorna, como Pontevedra, Sanxenxo, O Porriño ou Tui.

“Seguramente o pasado sábado foi o día con máis xente na historia na cidade de Vigo. Ímolo constatar cando teñamos os datos”, subliñou, asegurando que o Nadal funcionou “extraordinariamente ben”. Caballero puxo en valor o plan de tráfico, cunha circulación “eficiente” e aproveitou para criticar de novo ao BNG e ao PP porque “tratan de apagar” o Nadal, segundo el.

Noutro audio tamén gravado e enviado aos medios, informou de que un ano máis a cabalgata de Reis de Vigo celebrarase o día 5 de xaneiro. Primeiro de forma estática pola mañá na Avenida de Castelao e, pola tarde, sairá desa vía ata a rotonda do Concello, para baixar os Reis Meigos ata a Porta do Sol. Para as carrozas, o goberno local investirá 109.000 euros.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...