InicioVal MiñorGondomarO plan de control sobre o caudal dos ríos pon o foco...

O plan de control sobre o caudal dos ríos pon o foco en Vigo, Redondela, Gondomar e Cee tras as últimas choivas

Alerta en varias zonas fluviais de Galicia: a Xunta extrema o control ante a ameaza de novas inundacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta mantén activo o Plan de control sobre o caudal dos ríos con especial atención nas estacións fluviais de Vigo, Redondela, Gondomar, Cee, Lérez e Cuntis tras o incremento do caudal nas últimas horas e a posibilidade de desbordamentos. En concreto, tal e como detallou o 112 Galicia, as estacións baixo observación son: Cabeiro-Redondela, Vigo-Eifonso, Miñor-Gondomar, Castro-Cee, Lérez e Galo-Umia-Cuntis, aínda que os niveis desta última presentan unha melloría.

Nestes puntos, Emerxencias insistiu en que se poden observar desbordamentos puntuais, polo que incide na necesidade de extremar as precaucións. Así, mantense activo o Plan Inungal ante o nivel de precipitación de choiva recollido durante estas xornadas que pode dar lugar ao crecemento repentino dos caudais e posibles inundacións. Igualmente, a central de emerxencias insistiu en demandar que se sigan as recomendacións de autoprotección e evitar o acceso a zonas alagadas.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...