InicioSociedadeVigo rozará o "cheo total" polo aceso do Nadal, segundo Caballero

Vigo rozará o “cheo total” polo aceso do Nadal, segundo Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presume de superar o 86 % de ocupación e acusa Xunta e Deputación de querer "apagar o Nadal".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que a ocupación hoteleira para esta fin de semana na cidade, data na que se producirá o aceso das luces de Nadal, supera o 86 %. Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor reivindicou o “cheo total turístico” que supón esta data para a cidade, subliñando que se trata do “fenómeno turístico máis importante de Galicia que houbo nunca”.

El apostilou que o pulo do Nadal de Vigo nótase non só no resto da provincia de Pontevedra, senón tamén en Ourense e en Santiago. Ademais, volveu a aproveitar para cargar contra a Xunta e contra a Deputación, por “estar en contra” e “apoiar a aqueles grupos que queren apagar o Nadal”, segundo dixo. Entre outras cuestións, noutro audio gravado e enviado á prensa, Caballero dixo que o Bus do Nadal de Vigo arrincará o domingo 16, cunha imaxe “distinta” e iluminación. O percorrido será de 45 minutos.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...