InicioSociedadeO TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da sentenza na que condenou, en maio de 2024, ao Concello de Vigo por vulnerar os dereitos fundamentais á intimidade persoal e familiar e á inviolabilidade do domicilio dunha veciña do Arenal polo ruído provocado durante a celebración do Nadal do ano 2022-2023.

Entón, os maxistrados da sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG decretaron que o Concello adoptase “as medidas necesarias” para evitar “a reiteración da súa conduta lesiva dos dereitos fundamentais” e para garantir “que os niveis de ruídos exteriores e interiores non pasen os limiares fixados polas normas aplicables”. Ademais, impúxolle o abono dunha indemnización de 600 euros á demandante polos danos ocasionados, que xa fixo efectiva.

Agora, na sentenza notificada este venres, a Sala estimou o recurso de apelación interposto pola afectada contra o auto do Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Vigo que declarou executada a sentenza firme do TSXG. Por tanto, ordenou a continuación da execución da sentenza, “que se cinguirá exclusivamente á condena á entidad local a garantir que, na zona onde reside aquela veciña, os niveis de ruído non pasen os limiares fixados na normativa vixente“. A sentenza non é firme, xa que cabe interpor recurso de casación.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...