InicioSucesosDeteñen un home por vender droga nas inmediacións de centros educativos

Deteñen un home por vender droga nas inmediacións de centros educativos

Axentes pertencentes ao Grupo Operativo de Policía Xudicial do Distrito Centro de Redondela, que se atopaban realizando labores de prevención na venda e consumo de sustancias estupefacientes, foron testemuñas dun intercambio de droga

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a un home en Redondela pola venda de sustancias estupefacientes nas inmediacións de varios colexios e institutos. Tal e como trasladou a Policía Nacional nunha nota de prensa, no momento do arresto os axentes incautáronse de nove gramos de cocaína repartida en once bolsas termoseladas, 1.700 euros en efectivo, un patinete e dous teléfonos móbiles, entre outros efectos.

Segundo sinalan, os feitos tiveron lugar nas inmediacións da avenida Mendiño de Redondela aproximadamente ás 11.30 horas. Axentes pertencentes ao Grupo Operativo de Policía Xudicial do Distrito Centro de Redondela, que se atopaban realizando labores de prevención na venda e consumo de sustancias estupefacientes, foron testemuñas dun intercambio de droga.

Relatan que, o agora arrestado atopábase sentado nuns bancos nos arredores dun pavillón deportivo en compañía de varios estudantes da zona. Posteriormente accedeu ao interior dun vehículo, onde fixo entrega dunha bolsa de cor branca ao condutor do coche e este, á súa vez, devolveulle uns billetes. Tras este intercambio a primeira persoa baixouse do coche e dirixiuse cara a outro vehículo que acababa de chegar.

Neste contexto, os axentes procederon ao rexistro do home ao que se lle incautou unha bolsa de plástico que contiña no seu interior once bolsitas termoselladas e de cor branca, con ao parecer cocaína, e que arroxaron un peso de 9 gramos, ademais de 110 euros en billetes.

Ademais, nun patinete eléctrico e un neceser que se atopaba no lugar, propiedade do detido, os axentes localizaron 1.600 euros en efectivo e dous teléfonos móbiles. Por todo iso, esta persoa foi arrestada como presunto responsable dun delito de tráfico de drogas.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...