InicioVigo e contornaVigoVigo desestima o recurso de Ryanair e confirma a sanción de 50.000...

Vigo desestima o recurso de Ryanair e confirma a sanción de 50.000 euros por incumprir contrato

En agosto pasado, o goberno municipal xa desestimara as alegacións que presentou a aerolínea, e agora tamén rexeitou o recurso de reposición, no que argumentou que o Concello non lle fixo requirimentos nin advertencias

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de Vigo acordou desestimar o recurso de reposición presentado por Ryanair ante a multa de 50.000 euros que lle impuxo o Concello por incumprir o contrato de promoción turística, no respectivo ao cronograma de publicacións.

En agosto pasado, o goberno municipal xa desestimara as alegacións que presentou a aerolínea, e agora tamén rexeitou o recurso de reposición, no que argumentou que o Concello non lle fixo requirimentos nin advertencias.

Respecto diso, os servizos xurídicos municipais matizaron que non é obrigación da administración requirir á empresa que, por outra banda, cando presentou a súa oferta, incluíu un cronograma de actuacións de promoción, que non cumpriu.

O contrato asinado con Ryanair en 2023, por valor de 1,9 millóns de euros para 2023, 2024 e 2025, contemplaba tres frecuencias semanais de voos a Londres en tempada alta e dúas en tempada baixa, así como unhas accións de promoción: publicación de tres ‘newsletter’ e 11 publicacións en redes sociais para promocionar o destino Vigo.

Con todo, a aerolínea reduciu os voos (unhas 3.000 prazas) e tampouco cumpriu o calendario de publicacións, ao concentrar esas accións de promoción en apenas unhas semanas de novembro e decembro de 2024. Polo primeiro incumprimento, o Concello multou á empresa cuns 17.400 euros, e polo segundo, con 50.000 euros.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...