InicioSociedadeNova concentración do persoal do Chuvi pra denunciar a agresión a unha...

Nova concentración do persoal do Chuvi pra denunciar a agresión a unha enfermeira

PUBLICADO O

- Advertisement -

Profesionais sanitarios concentráronse este martes ante a porta principal do hospital Meixoeiro para denunciar unha nova agresión a unha profesional, unha enfermeira deste centro, e para reclamar outra vez “tolerancia cero” e medidas preventivas ante este tipo de situacións.

Neste caso, tratouse dunha agresión verbal a unha enfermeira do Meixoeiro o pasado 3 de outubro, no marco da xornada de folga convocada por OMEGA e CESM para reclamar un estatuto marco propio.

Debido á incidencia do paro, esta traballadora saíu da consulta para informar a pacientes e familiares de que algunhas citas terían que ser reprogramadas, e unha das persoas que se atopaba esperando cun paciente reaccionou de forma violenta, increpándoa e ameazándoa, segundo explicou a CIG.

Así, esta persoa púxose “moi agresiva”, chegando a “acurralar” á enfermeira e facendo o ademán de golpeala. “Cando xa tiña o puño levantado, interviñeron outros membros do persoal e usua e pide “tolerancia cero”rios para frear a agresión”, explicaron fontes sindicais, que confirmaron que a afectada, que denunciou xudicialmente os feitos, atópase de baixa.

ÚLTIMAS

Un motorista morre nun accidente na Avenida do Aeroporto de Vigo

Un motorista faleceu na noite deste mércores en Vigo despois de sufrir un accidente...

Unha avaría eléctrica deixa sen luz uns 3.500 usuarios en Vigo

Unha avaría nunha liña eléctrica subterránea de media tensión provocou este xoves cortes na...

Aprazan o Celta-Osasuna ao 27 de agosto e levanta rebumbio

O RC Celta de Vigo informou do adiamento do seu partido ante o CA...

Falece un motorista nunha rotonda da Avenida do Aeroporto en Vigo

Un motorista perdeu a vida na noite deste pasado mércores en Vigo tras sufrir...