InicioSociedadeAcepta 3 anos e 9 meses de cárcere o mozo que apuñalou...

Acepta 3 anos e 9 meses de cárcere o mozo que apuñalou a outro durante o Entroido de Verán de Redondela en 2024

A Fiscalía, que inicialmente pedía para el 8 anos de prisión, rebaixou a súa petición ao considerar dúas circunstancias atenuantes: a de confesión e a reparación do dano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O mozo Iker F.C., acusado dun delito de homicidio en grao de tentativa por apuñalar a outro mozo durante a celebración do Entroido de Verán de Redondela en 2024, aceptou a pena de 3 anos e 9 meses de cárcere nunha vista de conformidade celebrada este martes na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

A Fiscalía, que inicialmente pedía para el 8 anos de prisión, rebaixou a súa petición ao considerar dúas circunstancias atenuantes: a de confesión e a reparación do dano, xa que o procesado entregou semanas despois, por medio da súa avogada, o coitelo co que cometeu os feitos e, ademais, consignou 2.500 euros para facer fronte á responsabilidade civil.

Deste xeito, Iker F.C. recoñeceu os feitos, que ocorreron na madrugada do 25 de agosto de 2024, cando o acusado se dirixiu, en compañía duns amigos, ao Paseo da Xunqueira de Redondela. Alí atopouse coa vítima, que tamén estaba cun grupo de persoas. Co ánimo de acabar coa súa vida “abalanzouse” sobre el e golpeouno na cara e no corpo. Ademais, asestoulle varias puñaladas no peito cun coitelo de 11 centímetros de folla. Como consecuencia, a vítima resultou con feridas grave e tivo que ser trasladada urxentemente ao hospital.

Por estes feitos, o mozo aceptou a pena de 3 anos e 9 meses de prisión, e a prohibición de comunicarse ou achegarse a menos de 300 metros da vítima durante un período de 5 anos. Igualmente, deberá indemnizar ao prexudicado en case 10.500 euros (dos que se desconta a cantidade xa consignada). A sentenza foi declarada firme xa pola sala, ao non ter intención as partes de recorrer.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...