InicioSociedadeBueu festexa por tódolo alto o 70 aniversario dos Dereitos Humanos

Bueu festexa por tódolo alto o 70 aniversario dos Dereitos Humanos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Bueu converteuse este luns, 10 de decembro, en sede dos Dereitos
Humanos, a través dos actos organizados pola Asociación Veciñal da Banda do Río e a
Asociación Alfombras de Bueu, con motivo da conmemoración do 70 aniversario da
Declaración dos Dereitos Humanos pola ONU.

A Praza Massó estivo ateigada de rapaces e rapazas dos seis centros educativos de
primaria e secundaria da vila, que colaboraron na confección dunha alfombra de entre
60 e 80 metros cadrados construída arredor dun centro conformado polo logo da ONU
para a conmemoración da carta dos dereitos humanos, rodeado de seis deseños sacados
dos debuxos do concurso escolar celebrado o pasado mes de setembro.

Este tapizcompletouse con trinta figuras de origami, imitadoras das esculturas da “Enlightned universe” (Universo iluminado), unha creación de Gabarrón para celebrar o aniversario da ONU, e que se inaugurou en Nova York en 2015.

Aínda que esta efeméride xa se leva celebrando na vila morracense desde o mes de
setembro deste ano co taller impartido polo artista internacional Cristóbal Gabarrón e as
exposicións dos debuxos en diversos espazos públicos, o certo é que este acto actúa
como peche dun ano no que a defensa dos dereitos humanos foi protagonista.

“apostar por esa parte humana que nos une”

Ás 12.00 h comezou no salón de plenos unha lectura dos trinta dereitos humanos a
cargo de diversos persoeiros, entre os que destacan Álvaro Pino, ciclista e promotor de
iniciativas de deporte inclusivo, Oriana Méndez, poeta, Laura Díaz Pines, da Asociación
Juan XXIII, Silvia García, Decana da Facultade de Belas Artes da Universidade de
Vigo, Arturo Sánchez Cidrás, cronista de Bueu, ou Carmen Santos, presidenta da Asociación Cultural de Alfombras de Bueu, entre outros.

O alcalde da vila foi o encargado de dar lectura ao último dereito, e destacou que “o
pobo de Bueu ten que sentirse orgulloso de celebrar esta efeméride, na que debemos
apostar decididamente por esa parte humana que nos une”.

Nos actos colaboraron o Concello de Bueu, a Deputación de Pontevedra, a Fundación Gabarrón, así como os seis centros educativos da vila, e a Asociación Juan XXIII de Cangas, desde a que se prepararon xogos e actividades ao aire libre.

ÚLTIMAS

O TSXG dá a razón ao Concello de Vigo no caso do concerto de Guns N’ Roses e evítalle pagar 1,5 millóns á promotora

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado polo Concello...

Caballero carga contra Rueda polo ‘non’ á Facultade de Medicina en Vigo: “Defende un privilexio feudal”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter este luns contra o presidente da...

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...