InicioSucesosRebaixan a dous anos a pena para un empresario que admitiu defraudar...

Rebaixan a dous anos a pena para un empresario que admitiu defraudar 260.600 euros

A Fiscalía solicitaba un total de 6 anos de prisión para o procesado por dous delitos contra a Facenda Pública e multas que sumaban máis de 1,5 millóns de euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Penal 2 de Vigo acolleu este xoves unha vista contra o dono dunha empresa domicialiada en Gondomar, Anthony D.R., acusado de defraudar a Facenda máis de 260.000 euros, correspondentes aos exercicios fiscais de 2017 e 2018, e que recoñeceu os feitos, polo que o ministerio público rebaixou a súa petición de condena.

Así, a Fiscalía solicitaba un total de 6 anos de prisión para o procesado por dous delitos contra a Facenda Pública e multas que sumaban máis de 1,5 millóns de euros; igualmente, para a empresa solicitaba multa de 781.847,13 euros e a perda da posibilidade de obter suvenciones ou axudas públicas, así como do dereito a gozar de incentivos fiscais e da Seguridade Social durante 5 anos.

Na vista deste xoves, o acusado recoñeceu os feitos, e o Fiscal rebaixou a un ano a pena de prisión solicitada por cada un dos delitos, e a multa para a empresa a algo máis de 260.600 euros (a cantidade defraudada), ademais de 3 anos sen axudas públicas nin beneficios fiscais.

A avogada do Estado mantivo a súa acusación nos termos iniciais, xa que o acusado non pagou nada aínda da cantidade defraudada. O procedemento quedou visto para sentenza.

FEITOS

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, nos exercicios 2017 e 2018 a empresa do acusado ocultou os ingresos obtidos por vendas a través da plataforma Groupon na UE e en Reino Unido. Para “camuflar” os ingresos, a empresa rexistrábaos co concepto de “préstamo do socio”.

Así, a Fiscalía sostén que neses dous exercicios fiscais, a empresa ingresou centos de miles de euros non declarados; igualmente, acusa o empresario e á sociedade de ocultar os fondos obtidos nunha operación de frete entre a UE e Estados Unidos.

Estas operacións “clandestinas” incrementaron a cifra de negocio da sociedade, o que supuña unha ampliación da base impoñible real, pero o acusado declarou bases impoñibles moi inferiores. Debido a isto, Facenda deixou de ingresar 260.615,71 euros.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...