InicioSociedadeChaman a manifestarse este sábado en Vigo contra o xenocidio en Gaza

Chaman a manifestarse este sábado en Vigo contra o xenocidio en Gaza

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Plataforma Cívica Vigo Pro-Palestina, integrada por máis de 40 entidades sociais, veciñais, sindicatos e partidos políticos, fixo un chamamento a manifestarse este sábado ás 12.00 horas na cidade olívica, para mostrar o rexeitamento contra o xenocidio en Gaza e expresar a solidariedade co pobo palestino.

Esta manifestación, que sairá do cruzamento de Vía Norte con Urzáiz, é outra mostra de solidariedade da comarca de Vigo co pobo palestino ante o “agravamento extremo” do xenocidio nos territorios ocupados. A Plataforma volveu a denunciar a “eliminación sistemática” da poboación civil, e a destrución de infraestruturas básicas, ademais do “uso da fame como arma de guerra” e a ocupación militar total, que “avanzan sen freo”.

Tamén censuraron que boa parte da comunidade internacional “mantense na retórica”, sen tomar ningunha “medida real” e conservando as relacións comerciais e militares con Israel, mesmo cando a Corte Penal Internacional e múltiples relatores da ONU “recoñecen que estamos ante un xenocidio en curso”. Por outra banda, advertiron de que as accións voluntarias de solidariedade, como a Global Sumud Flotilla “están a ser gravemente ameazadas” polo goberno israelí.

Neste escenario, convocaron unha nova manifestación e pediron aos vigueses que volvan saír á rúa para repudiar este xenocidio e reiterar a súa solidariedade de forma pacífica, nun acto cívico ao que animaron a levar bandeiras palestinas, pancartas sen firmas partidarias e mensaxes de apoio a Gaza e á súa poboación. A Plataforma acordou tamén apoiar a manifestación que levará a cabo este domingo en Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...