InicioSociedadeFalece o oso Carmo, aos 21 anos

Falece o oso Carmo, aos 21 anos

Debido ao seu prognóstico "moi grave ou mortal en cuestión de días ou semanas", o Concello indicou que se decidiu practicarlle a eutanasia e evitar un "sufrimento innecesario".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo informou do falecemento Carmo, o último oso do antigo VigoZoo, que morreu aos 21 anos de idade tras ser sometido a unha eutanasia humanitaria no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina de Lugo, centro de referencia na atención da fauna salvaxe. Segundo explica o goberno local nun comunicado, o pasado 12 de setembro o delicado estado de saúde de Carmo fixo necesario que se lle practicasen varias probas diagnósticas.

Con todo, nos últimos días o oso mostrou un empeoramento notable do seu estado de saúde, sendo trasladado ao centro veterinario. Unha vez alí, as exploracións confirmaron que Carmo padecía diversas lesións: “un tumor hepático con metástasis peritoneales, líquido no peritoneo, líquido na cavidade torácica, gases nas vías biliares, gases libres no abdome e unha peritonitis xeneralizada”.

Debido ao seu prognóstico “moi grave ou mortal en cuestión de días ou semanas”, o Concello indicou que se decidiu practicarlle a eutanasia e evitar un “sufrimento innecesario”. A Concellaría de Medio Ambiente mostrou o seu pesar por este falecemento, lembrando que Carmo chegou a Vigo hai dúas décadas e, desde entón, “converteuse nun dos grandes protagonistas do parque”, recoñecendo tamén o labor dos seus coidadores durante estes anos.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...