InicioDeportesO Iberconsa Amfiv vence ao Basketmi ferrolán e trae de novo a...

O Iberconsa Amfiv vence ao Basketmi ferrolán e trae de novo a Vigo a Copa Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conxunto de César Igrexas confirmou de forma rotunda a súa superioridade nunha descafeinada Copa Galicia, na que o Basketmi, con importantes baixas como os ex xogadores do Amfiv Vicky Vilariño e o polaco Karol Szulc, apenas puideron aguantar un cuarto aos vigueses.

O encontro, que habitualmente se disputa durante a pretemporada, variou a súa data afeita a petición dos ferroláns para poder dispoñer do seu equipo ao completo, circunstancia que finalmente non puido darse e que achandou un pouco máis se cabe a revalidación do título copeiro autonómico por parte dos vigueses unha campaña máis.

Así, ante a evidente diferenza de potencial entre un equipo que compite na División de Honra e outro que o fai na Primeira División, César Igrexas aproveitou o encontro para repartir minutos entre os seus xogadores, probar diferentes combinacións e manter enchufados a todos os seus pupilos para os próximos encontros ligueiros, ademais de para recuperar sensacións despois da última derrota cultivada na cancha do Fundación Grupo Norte.

Porque a Copa Galicia non tivo moita historia máis aló dese primeiro cuarto de toma de contacto, no que o Iberconsa Amfiv aínda estaba a afinar o seu punto de mira (6-13, min.20).

Un pouco máis de acerto no segundo parcial permitiu aos vigueses chegar ao intermedio co partido encarrilado (14-36, min.20), confirmando plenamente o triunfo no terceiro período (22-58) co que os dez minutos finais convertéronse nun mero trámite á espera de que o asubío final confirmase que a Copa Galicia marchaba un ano máis a Vigo.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...