InicioSociedadeCaballero recoñece o labor dos bombeiros de Vigo nos incendios de Galicia

Caballero recoñece o labor dos bombeiros de Vigo nos incendios de Galicia

O alcalde celebrou a “solidariedade” dos efectivos que participaron en diferentes localidades durante as últimas semanas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As dependencias da Alcaldía de Vigo acolleron este luns unha recepción na que o alcalde, Abel Caballero, trasladou o seu recoñecemento aos bombeiros da cidade que participaron en labores de extición incendios en varios puntos de Galicia nas últimas semanas.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor felicitou a estes funcionarios polo seu labor e pola “solidariedade” demostrada en nome de Vigo, á vez que lembrou que a cidade asumiu o custo dos desprazamentos e da participación dos bombeiros nesas tarefas.

Segundo explicou Caballero, os bombeiros fixeron ata 14 saídas a diferentes lugares, como Verín, Santa Comba, Oímbra, As Neves, Muxía, Ribadavia, Vilaboa, Oia ou Salceda, levando “un gran camión forestal” con catro toneladas e media de auga e cinco efectivos en cada actuación, aínda que no caso de Vilaboa, foron 14 os bombeiros que acudiron, e en Oia, foron 10 efectivos.

“Eu estou orgulloso da formulación e da actuación dos bombeiros. Así llo fixen saber, feliciteinos en nome da cidade e en nome de Galicia, e estou a esperar o recoñecemento da Xunta”, proclamou Abel Caballero, que censurou que “o presidente da Xunta non fixo unha soa referencia ao apoio dos bombeiros de Vigo na extinción dos incendios de Galicia”.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...