InicioSociedadeCaballero recoñece o labor dos bombeiros de Vigo nos incendios de Galicia

Caballero recoñece o labor dos bombeiros de Vigo nos incendios de Galicia

O alcalde celebrou a “solidariedade” dos efectivos que participaron en diferentes localidades durante as últimas semanas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As dependencias da Alcaldía de Vigo acolleron este luns unha recepción na que o alcalde, Abel Caballero, trasladou o seu recoñecemento aos bombeiros da cidade que participaron en labores de extición incendios en varios puntos de Galicia nas últimas semanas.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor felicitou a estes funcionarios polo seu labor e pola “solidariedade” demostrada en nome de Vigo, á vez que lembrou que a cidade asumiu o custo dos desprazamentos e da participación dos bombeiros nesas tarefas.

Segundo explicou Caballero, os bombeiros fixeron ata 14 saídas a diferentes lugares, como Verín, Santa Comba, Oímbra, As Neves, Muxía, Ribadavia, Vilaboa, Oia ou Salceda, levando “un gran camión forestal” con catro toneladas e media de auga e cinco efectivos en cada actuación, aínda que no caso de Vilaboa, foron 14 os bombeiros que acudiron, e en Oia, foron 10 efectivos.

Eu estou orgulloso da formulación e da actuación dos bombeiros. Así llo fixen saber, feliciteinos en nome da cidade e en nome de Galicia, e estou a esperar o recoñecemento da Xunta”, proclamou Abel Caballero, que censurou que “o presidente da Xunta non fixo unha soa referencia ao apoio dos bombeiros de Vigo na extinción dos incendios de Galicia”.

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...