InicioSociedadeAbel Caballero denuncia un ciberataque prorruso contra a web do Concello de...

Abel Caballero denuncia un ciberataque prorruso contra a web do Concello de Vigo

O ataque, atribuído ao grupo NoName, foi detectado ás 08.00 horas e neutralizado en media hora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que a web do Concello sufriu esta mañá un ciberataque de “ciberdelincuentes prorrusos” que xa foi emendado. Nun audio enviado aos medios de comunicación, o rexedor dixo que este ataque se produciu sobre as 06.00 horas e foi detectado sobre as 08.00 horas, quedando ás 08.30 horas “restablecida a normalidade”.

Era un novo intento de paralizar toda a xestión telemática e cibernética do Concello e impedir que os cidadáns puidesen realizar os trámites“, subliñou Caballero, apuntando como autor do mesmo a NoName, “ciberdelincuentes prorrusos”. Segundo el, a cidade seguirá sendo obxecto de ataques deste tipo, pero dispón dos mecanismos para rexeitalos “de forma inmediata sen que consigan o seu obxectivo”.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...