InicioSociedadeNigrán instala unha gran pancarta na fachada do Concello contra a "barbarie"...

Nigrán instala unha gran pancarta na fachada do Concello contra a “barbarie” e o “xenocidio” en Palestina

"Cada gran de area suma nesta loita pola paz. Queremos que se unan máis municipios, administracións e gobernos para, internacionalmente, forzar o cesamento da barbarie", subliñou o alcalde, Juan González, presidente ademais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Concello de Nigrán instalou unha gran pancarta na súa fachada contra a “barbarie” e o “xenocidio” en Palestina, animando a máis cidades a unirse a esta causa. Co lema: ‘Nigrán, non somos indiferentes. Paremos o xenocidio’, o cartel despregouse no balcón da Casa Consistorial acompañado da bandeira palestina. Ademais, o goberno local iniciou unha repartición de pulseiras co mesmo deseño. “Cada gran de area suma nesta loita pola paz. Queremos que se unan máis municipios, administracións e gobernos para, internacionalmente, forzar o cesamento da barbarie”, subliñou o alcalde, Juan González, presidente ademais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

“Temos o deber de situarnos no lado correcto da historia e de alzar a nosa voz en contra do asasinato de seres humanos indiscriminadamente. O que está a ocorrer só se pode cualificar de xenocidio e está a pasar ante a mirada impasible de todo o mundo. Non se pode consentir esta violación do dereito internacional en pleno século XXI”, engadiu. González criticou que “se empregue a fame como arma de guerra”. “O que está a ocorrer é unha auténtica atrocidade que non ten xustificación posible”, sentenciou, pedindo “empatía” a todos os cidadáns.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...