InicioSociedadeProhibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

A prohibición inclúe a captura, comercialización e posesión da especie, tanto para pesca profesional como recreativa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do Mar polas que se establece o período de veda para a captura do choco nas rías de Vigo e Pontevedra, un período que queda fixado, en ambos os casos, entre o 21 de xullo e o 31 de outubro, ambos os incluídos.

Así se fixou nunha resolución da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, tras a petición da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra.

Os informes técnicos detallan que a partir do mes de xuño constátase un incremento da porcentaxe de individuos xuvenís capturados. No caso da ría de Vigo o aumento é do 80 % e na ría de Pontevedra é do 67 %, polo que se fixou o período de veda entre o 21 de xullo e o 31 de outubro.

Deste xeito, queda prohibida a captura do choco nese prazo, tamén a tenencia a bordo, transbordo, comercialización ou venda desta especie. A medida afecta tamén á pesca de recreo.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...