InicioSucesosCondenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este martes unha vista de conformidade na que condenou a unha muller norteamericana, residente nas Veigas, como autora dun delito de estafa agravada, á pena de 2 anos de cárcere.

Na vista, que se celebrou de tarde e con intérprete, para poder conectar por Estados Unidos por videoconferencia, a acusada recoñeceu os feitos e aceptou a pena imposta. Así mesmo, comprometeuse a satisfacer a responsabilidade civil e a devolver á empresa prexudicada os 158.400 dólares estafados. A execución da pena de prisión quedou suspendida por un período de 3 anos, coa condición de que a procesada non delinca nese tempo e pague a indemnización.

Segundo o escrito de acusación de Fiscalía, os feitos ocorreron entre decembro de 2017 e xaneiro de 2018, cando a acusada participou nunha armazón cuxa finalidade era dispor dos pagos de facturas dunha empresa de produtos do mar de Vigo.

Para iso, os delincuentes duplicaron o correo electrónico dunha empregada e cando a empresa pechou unha venda de camarón por 158.400 euros a unha firma surafricana, a armazón delituosa fíxose pasar pola empresa galega contactando con ese cliente, para comunicarlle que houbera problemas coa transferencia. Deste xeito, facilitaron ao comprador outro número de conta, onde se pagou esa factura e que, en realidade, era unha conta do Bank of America cuxa titular era unha sociedade da que era titular a acusada. Tras recibir ese diñeiro, a procesada transferiu boa parte (113.300 dólares) a unha conta de Hong Kong e dispuxo do resto mediante retiradas en efectivo e cheques.

MOBILIZACIÓNS CIG

Por outra banda, o sindicato CIG anunciou este martes, tras a celebración dunha asemblea de delegados en Pontevedra, que retomará as protestas por un convenio digno no sector de produtos elaborados do mar tras o verán.

Así, a central denunciou unha estratexia dilatoria por parte da patronal e dos sindicatos CC.OO. e UXT, que xa acordaron un incremento salarial do 4 % para 2025, un pacto que a CIG non asinou. Segundo denunciou, ese acordo supuxo pospor a negociación do resto de puntos do convenio, nun intento de evitar as mobilizacións durante a celebración da feira Conxemar.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...