InicioPolíticaAdmitidas a trámite pola Valedora do Pobo as queixas do PP por...

Admitidas a trámite pola Valedora do Pobo as queixas do PP por negarse o goberno de Vigo a informar sobre Benestar Social

Nun comunicado, o grupo municipal 'popular' denunciou este mércores a absoluta "falta de transparencia" do rexedor á hora de informar os problemas que arrastra, ao seu xuízo, o servizo de Benestar Social

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Valedora do Pobo admitiu a trámite dúas queixas do PP de Vigo pola negativa do goberno de Abel Caballero de informar os atrasos na área de Benestar Social.

Nun comunicado, o grupo municipal ‘popular’ denunciou este mércores a absoluta “falta de transparencia” do rexedor á hora de informar os problemas que arrastra, ao seu xuízo, o servizo de Benestar Social.

Unha “opacidade” que levou á Valedora a admitir dúas queixas do PP pola negativa do goberno local de facilitar detalles sobre as listas de espera, as axudas económicas pendentes de trámite, as reclamacións recibidas, os informes de dependencia e discapacidade sen completar ou a situación na que se atopa o Servizo de Axuda non Fogar, entre outras cuestione.

Para o concelleiro do PP Fernando González Abeijón, o mesmo Caballero que esixe transparencia a outros, “négase sistematicamente a render contas sobre como se xestionan en Vigo os servizos sociais”, a pesar de que o PP pediu os datos o pasado mes de abril, sen que houbese resposta.

Así, tras notificar o sucedido á Comisión de Transparencia de Galicia e a Valedora do Pobo, o organismo que preside Dores Fernández Galiño abriu dous expedientes para esixir ao Concello que achegue a información nun prazo máximo de 15 días.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...