InicioSociedadeO xerente da área sanitaria sobre as esperas dun mes para analíticas:...

O xerente da área sanitaria sobre as esperas dun mes para analíticas: “O aumento de peticións de probas é tremendo”

Tras subliñar que non se poden pór "cotos", xa que "hai que facer as que faga falta", si se analiza desde o departamento sanitario da Xunta a necesidade de facer todas as analíticas que se realizan actualmente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

xerente da área sanitaria de Vigo, Francisco Javier Puente, referiuse este luns ao aumento das esperas para realizar unha analítica en distintos centros de saúde, superando o mes nalgúns casos, apuntando ao incremento de peticións para as ditas probas. “O incremento de peticións de analíticas e de probas en xeral é tremendo. É unha escalada importantísima”. Así contestou tras ser preguntado sobre os motivos desta situación, recoñecendo Puente que descoñece cada caso concreto e insistindo en que cando se detecta un aumento da espera póñense en marcha “medidas de corrección”.

Segundo el, na actualidade está a detectarse unha alta demanda de analíticas e de repetición destas, mostrando a súa “preocupación” á hora de valorar a “idoneidade” das mesmas. Javier Puente dixo que sempre houbo uns protocolos que establecen cando hai que repetir as analíticas, pero si apostilou que se detectaron incrementos destas probas. Tras subliñar que non se poden pór “cotos”, xa que “hai que facer as que faga falta”, si se analiza desde o departamento sanitario da Xunta a necesidade de facer todas as analíticas que se realizan actualmente.

APAGAMENTO

Noutra orde de cousas, Puente tamén foi preguntado polo apagamento eléctrico sufrido hai semanas en todo o país e a súa afectación á área sanitaria. El fixo un balance “moi bo”, debido a que todos os hospitais e puntos de atención continuada (PAC) da zona de Vigo tiñan xeradores fóra dun, ao que se lle forneceu ese día. O xerente puxo en valor que, por exemplo, o Álvaro Cunqueiro podería funcionar 9 ou 10 días grazas aos máis de 200.000 litros de diésel que almacena. Neste hospital, desprográmaronse “pouquísimas” intervencións, segundo apuntou, aínda que sobre as 19.00 horas perdéronse as comunicacións, o que complicou a operativa.

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...