InicioSociedadeO BNG de Vigo pide información sobre a prórroga de Vitrasa ao...

O BNG de Vigo pide información sobre a prórroga de Vitrasa ao estar nun “limbo” a días do final da concesión

O BNG de Vigo alertou de que o servizo de bus urbano de Vigo está nun "limbo" a días de que finalice a actual concesión de Vitrasa o próximo 7 de xuño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo alertou de que o servizo de bus urbano de Vigo está nun “limbo” a días de que finalice a actual concesión de Vitrasa o próximo 7 de xuño. Nun comunicado, os nacionalistas demandaron ao goberno local información e “transparencia” sobre a prórroga que avanzou o alcalde, Abel Caballero, da que “non consta tramitación en curso”. O portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, denunciou a “absoluta falta de información” sobre o futuro deste servizo municipal “máis aló das declaracións xenéricas de Caballero”.

Igrexas insistiu na “enorme oportunidade histórica” que se presenta co fin da concesión de Vitrasa, volvendo propor a creación dunha empresa municipal de transportes que permita a remunicipalización do servizo. “Temos nas nosas mans evitar que se hipoteque 10 anos máis a cidade cun modelo de transporte privatizado e insuficiente”, defendeu o Bloque, subliñado que o actual servizo é un “pésimo negocio para o interese público, cuxa única beneficiaria foi a empresa concesionaria”.

ÚLTIMAS

“A ameaza de carencia de auga é moi severa”, alerta o alcalde de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, exixiulle á Xunta que reduza "de forma inminente"...

Caballero carga contra os “ignorantes do PP” que non ven que o AVE por Cerdedo avanza “máis rápido que nunca”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saíu ao paso das críticas do PP da...

PP denuncia que o goberno de Vigo non pediu a axuda estatal de 3,5 millóns para bonificar o billete do bus urbano

O PP de Vigo denunciou este mércores que o goberno local non solicitou a...

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...