InicioSociedadeA xuíza denega citar á concelleira de Festas polo accidente mortal de...

A xuíza denega citar á concelleira de Festas polo accidente mortal de Matamá

Alega que toma esta decisión por "non existir neste momento procesual indicios suficientes de criminalidade contra as devanditas persoas sen prexuízo da súa solicitude de parte ou adopción por este órgano xudicial segundo avance a investigación e sobre todo se practiquen as declaracións dos investigados así como a recepción do oficio que se remitirá ao Concello de Vigo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xuíza volveu denegar a citación da concelleira de Festas do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez Calviño, así como a tres técnicos municipais polo accidente mortal ocorrido nas festas da parroquia de Matamá o pasado agosto ao “non existir neste momento procesual indicios suficientes de criminalidade contra as devanditas persoas sen prexuízo da súa solicitude de parte ou adopción por este órgano xudicial segundo avance a investigación e sobre todo se practiquen as declaracións dos investigados así como a recepción do oficio que se remitirá ao Concello de Vigo”.

Desta maneira, desestimou a petición dunha das partes implicadas de investigar á edil socialista. Con todo, solicitou ao Concello de Vigo información sobre o ocorrido. En concreto, pediu o expediente sancionario incoado e se se adoptou algunha das medidas legais para prohibir a montaxe da atracción ou, en caso contrario, a pertinencia de informar de forma detallada sobre as razóns de que non se houbese incoado expediente sancionador ou análogo ou de que non se oficiou á Policía para o precinto da actuación ou semellante.

Ante esta situación, o avogado da muller que estaba co falecido no momento dos feitos, Francisco Méndez, anunciou que previsiblemente recorrerá esta decisión, preguntándose se o Concello non podo facer “algo máis”, prohibindo a instalación da atracción. “Todo o mundo sabía que as festas se ían a levar a cabo esas datas. Fai algo para que non funcione”, subliñou en declaracións a Europa Press.

FEITOS

Foi na madrugada do venres para o sábado, 3 de agosto, cando un mozo de 36 anos faleceu nas festas de Matamá, en Vigo, tras romper un brazo dunha atracción de feira e quedar encaixado na estrutura. O home, veciño da cidade olívica e natural de Viana do Bolo, estaba acompañado dunha muller, que saíu ilesa do accidente. A partir de aí, comezou unha investigación xudicial para esclarecer o ocorrido, imputándose agora ao presidente da comisión de festas, á entidade e ao propietario do Saltamontes.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...