InicioSociedadeCondenados a 9 e 11 anos de cárcere dous homes por violar...

Condenados a 9 e 11 anos de cárcere dous homes por violar e gravar a unha moza nun piso de Travesía

Tamén terán que pagar unha indemnización conxunta á moza de 17.000 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a 9 e 11 anos e medio de cárcere, respectivamente, a dous homes por violar e gravar a unha moza nun piso situado no barrio de Travesía da cidade olívica. En concreto, ambos foron considerados autores dun delito de agresión sexual, condenando os maxistrados a un deles a nove anos e ao outro a oito anos de prisión ao ter en conta neste último a atenuante de reparación parcial do dano, por consignar 7.5000 euros.

Con todo, este home tamén foi considerado culpable dun delito de descubrimento e revelación de segredos, polo cal terá que pasar outros 3 anos e medio no cárcere, sumando un total de 11 anos e seis meses. Así mesmo, impúxoselles aos dous a prohibición de achegarse á vítima a menos de 200 metros e de comunicarse con ela durante 18 anos, liberdade vixiada durante 5 anos e a inhabilitación especial para calquera oficio, profesión ou actividade que leve contacto con menores por un tempo de 14 anos.

Tamén terán que pagar unha indemnización conxunta á moza de 17.000 euros, dos que se restarán os 7.500 euros xa consignados. Ademais, o home que gravou, pagará unha multa de algo máis de 2.500 euros. Pola súa banda, un terceiro acusado pola acusación particular como suposto responsable dun delito de omisión de socorro foi absolto, tratándose do dono da casa na que ocorreu a violación.

FEITOS

No relato de feitos probados da sentenza, os xuíces explican que a vítima coñeceu a ambos os ese mesmo día, en setembro de 2022, nun local do Arenal ao que acudira con varias amigas. Ao pechar un dos establecementos, o grupo, incluída a vítima, decidiron continuar a festa no domicilio dun amigo dun dos procesados. Unha vez alí, segundo recolle a sentenza, a moza mantivo relacións sexuais consentidas nunha das habitacións cun dos dous condenados.

Cando ambos estaban no interior da dependencia, o resto de membros do grupo, a excepción do outro sospeitoso, marcharon do domicilio tras unha discusión. Nese momento, segundo sinala o tribunal, o outro condenado entrou na habitación e, tanto el como o seu amigo, que xa estaba no interior, agrediron sexualmente á vítima. Os maxistrados subliñan que a nova “lles pediu que parasen, pero non o fixeron”. Ademais, engaden que un deles gravou a violación co seu teléfono móbil. Entre as explicacións de por que consideran que os feitos ocorreron dese modo, a Sala destaca que foi “tras a oportuna valoración en conciencia da proba practicada no seo do xuízo oral, fundamentalmente a da vítima obxecto da agresión sexual e a que se gravou co móbil”.

Ademais, tamén tivo en conta as declaracións dos axentes que acudiron ao lugar dos feitos alertados pola nova. O tribunal indica que un “elemento corroborador moi importante” do testemuño da afectada é a pegada psíquica que lle deixou a agresión sexual, posta de relevo por tres peritos. “Non se aprecian modificacións esenciais, nin contradicións relevantes nas sucesivas declaracións prestadas pola vítima, xa que sempre expuxo a mesma versión sobre como sucederon os feitos”, recalcan os xuíces. Con todo, a sentenza non é firme, xa que contra ela cabe presentar recurso ante a Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

ÚLTIMAS

A xuíza denega citar á concelleira de Festas polo accidente mortal de Matamá

A xuíza volveu denegar a citación da concelleira de Festas do Concello de Vigo, Patricia...

A A-55 rexistra dúas colisións múltiples en Mos, unha delas con tres feridos leves

A A-55 (Vigo-Tui), ao seu paso por Mos (Pontevedra), rexistrou este venres dúas colisións...

O PP de Vigo pide explicacións pola “desaparición” do Festival Terraceo

O grupo municipal do PP de Vigo pediu explicacións pola desaparición do Festival Terraceo da...

Interceptado en Vigo un home que manexaba un dron sen autorización e duplicando a altura máxima permitida

O equipo Fénix (Equipo de Drones da Policía Local de Vigo) e o equipo Pegaso...