InicioSociedadeXa se permite o baño en todas as praias viguesas excepto na...

Xa se permite o baño en todas as praias viguesas excepto na Foz tras a parada da depuradora polo apagamento

Segundo informou o rexedor o pasado martes, a depuradora "aliviou" no mar durante unhas horas polo parón, provocando que as analíticas das augas viguesas rexistrasen cifras por enriba do normal, podendo haber bacterias contaminantes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello xa permite o baño en todas as súas praias excepto na Foz tras a parada temporal da depuradora durante o apagamento eléctrico. Segundo informou o rexedor o pasado martes, a depuradora “aliviou” no mar durante unhas horas polo parón, provocando que as analíticas das augas viguesas rexistrasen cifras por enriba do normal, podendo haber bacterias contaminantes.

Por iso, o goberno local prohibiu o baño nas praias ata este xoves, cando as analíticas confirmaron que todas as praias están en “magnífico estado” para poder ser utilizadas, segundo Caballero. Todas elas excepto A Foz, o areal canino situado do outro lado de Lagares en Samil, onde por agora non se recomenda o baño “ata novo aviso”.

ÚLTIMAS

O metal asina a paz pero o comercio planta cara: folga masiva en Vigo de 10.000 traballadores

O conflito do metal na provincia de Pontevedra non está nin moito menos pechado....

Guerra política en Vigo polo ataque á flotilla internacional: o PSOE veta unha declaración do BNG con vigueses a bordo

O conflito de Oriente Medio volve sacudir a política municipal de Vigo, e faino...

Os drons da Policía Local de Vigo cazan a un furtivo reincidente con tres quilos de ameixas en Teis

A Policía Local de Vigo identificou e denunciou a un veciño da cidade de...

Un condutor resulta ferido en Vigo tras impactar co seu turismo contra un báculo de iluminación na Avenida de Beiramar

Un condutor de 48 anos de idade resultou ferido este mércores en Vigo tras...