InicioSociedadeO BNG propón que a Medalla da Cidade sexa para o bombeiro...

O BNG propón que a Medalla da Cidade sexa para o bombeiro falecido en acto de servizo en maio

O alcalde, Abel Caballero, xa deu a coñecer os candidatos a galardón por parte do goberno local: dobre Medalla da cidade para a Cooperativa de Armadores (ARVI) e A Fe Seguros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG deu a coñecer este luns as súas propostas para recibir os galardóns de Vigueses Distinguidos e a Medalla da cidade, tras a celebración da Xunta de Portavoces previa ao Pleno deste xoves, no que se votarán eses recoñecementos. Así, os nacionalistas propuxeron que se outorgue a Medalla de Vigo, a título póstumo, ao bombeiro Sergio Sanlés, falecido en maio do ano pasado cando traballaba na inspección dun edificio, onde morreu como consecuencia dun derrube ao colapsar unha parede. O BNG valorou a “comprometida e xenerosa vocación de servizo” deste bombeiros municipal, falecido en acto de servizo, e subliñou o “labor imprescindible” de Sergio e dos seus compañeiros de servizo en favor da seguridade, demostrando cada día “o verdadeiro significado da xenerosidade en favor do ben común”.

VIGUESES DISTINGUIDOS

Por outra banda, o BNG propuxo o nomeamento de Marta Souto, falecida o pasado outubro, como Viguesa Distinguida, polo seu “compromiso” coa lingua galega e coa promoción do deporte, ademais de destacar a súa “traxectoria ética impecable” e a súa “calidade humana excepcional”. Igualmente, expón que se recoñeza ao Sárdoma CF, pola súa “enorme contribución” á promoción, visibilización e posta en valor do deporte feminino. Unha entidade que é “un referente e un clube de elite do fútbol feminino”, que alcazou fitos como competir na 3º RFEF, “a pesar do insuficiente apoio institucional”.

Ademais das propostas do BNG, o alcalde, Abel Caballero, xa deu a coñecer os candidatos a galardón por parte do goberno local: dobre Medalla da cidade para a Cooperativa de Armadores (ARVI) e A Fe Seguros e, como Vigueses Distinguidos, Iván Martínez do Banco de Alimentos (a título póstumo), o CEIP A Dobrada, a EEI Villalaura, as nais de Érguete, o actor Antonio Durán ‘Morris’, o Consello Municipal da Muller, o xornalista Antonio Mínguez, a asociación Alento, Enrique García Chillón (CEO de Profand), a Coral María Auxiliadora, o lingüista e poeta Xesús Alonso Montero, e os policías e bombeiros que foron voluntarios a colaborar aos lugares afectados pola DANA de outubro.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...