InicioSociedadeAbel Caballero despois de que o xulgado desestimase outro recurso polo ruído...

Abel Caballero despois de que o xulgado desestimase outro recurso polo ruído do Nadal: “O Nadal continúa, e cada vez mellor”

Valora a resolución e acusa ao BNG e PP de mobilizar aos seus "afíns" para tentar "suspender o Nadal".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xulgado contencioso-administrativo número 2 de Vigo ditou sentenza na que desestima un recurso interposto por un veciño, que denunciaba ao Concello olívico por unha suposta inactividade fronte ao ruído ocasionado polas actividades programadas con motivo da campaña de Nadal 2022-2023, e sinala que non se pode falar de tal inactividade e que o consistorio adoptou medidas para evitar ruídos excesivos.

Na liña doutra sentenza do pasado setembro, o maxistrado apunta que non se pode establecer que houbo un silencio da Administración ante as reclamacións do denunciante, posto que o Concello ten 3 meses para responder, e a reclamación interpúxose o 27 de decembro de 2022, menos dun mes antes de que finalizasen as actividades do Nadal. Por outra banda, tamén expón o xuíz na súa resolución que non se pode falar de inactividade por parte do Concello, xa que se adoptaron medidas para mitigar os ruídos e contratouse unha empresa para realizar medicións.

VALORACIÓN DO ALCALDE

O alcalde, Abel Caballero, valorou esta “contundente” sentenza en declaracións remitidas aos medios, expresando a súa satisfacción porque a resolución xudicial “falla a favor do Concello”. Respecto diso, lembrou que houbo outras denuncias polos ruídos dese Nadal que foron desestimadas, pero este demandante en concreto optou por manter unha “denuncia falsa”. Segundo o rexedor, “detrás deste intento de suspender o Nadal de Vigo están o PP e o BNG”, que mobilizan “aos seus afíns” para que promovan accións xudiciais contra os festexos e presenten denuncias. “Pero o Nadal continúa, e cada vez mellor”, concluíu Caballero.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...