InicioVigo e contornaVigoA Reconquista de Vigo comezará o 22 de marzo e finalizará o...

A Reconquista de Vigo comezará o 22 de marzo e finalizará o 30 coa expulsión dos franceses

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo que a Reconquista é unha forma de "rememorar feitos históricos" e animou aos cidadáns a que se "vistan de época" para pasear e gozar da celebración

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cidade de Vigo ultima xa os preparativos da Reconquista 2025, que este ano comezará o sábado 22 de marzo con varias actividades, como a destitución da corporación afrancesada, aínda que os días grandes serán do 28 ao 30, domingo no que se celebrará a expulsión dos franceses.

Así o sinalaron o alcalde, Abel Caballero, e o presidente da Asociación Veciñal e Cultural Casco Lanuxe de Vigo, Pepe Fumega, durante a rolda de prensa de presentación do evento, quen reivindicaron que se trata de “unha das grandes festas de Galicia”.

Precisamente o rexedor dixo que a Reconquista é unha forma de “rememorar feitos históricos” e animou aos cidadáns a que se “vistan de época” para pasear e gozar da celebración.

Pola súa banda, Fumega expuxo as principais actividades da Reconquista 2025 que, a pesar de que os tradicionais postos abrirán desde o venres 28 ao domingo 30 no Casco Vello de Vigo, o fin de semana anterior arrincará cunha serie de propostas lúdicas.

Por exemplo, o sábado 22 ás 13.00 horas levará a cabo un concerto da orquestra Kv2211 na Colexiata, ademais doutras actuacións musicais ao longo do día. Esa tarde, sobre as 20.00 horas, representarase a destitución da corporación afrancesada, sendo elixido alcalde Francisco Javier Vázquez Varela, un dos principais artífice da Reconquista.

Esa semana, o martes 25, celebrarase a Reconquistiña, que reunirá a preto de 2.000 escolares vigueses, os cales andarán desde a Praza do Rei ata a Porta do Sol, onde gozarán dunha chocolatada.

Ás 11.00 horas do venres 28, festivo na cidade, abrirá o tradicional mercado da Reconquista de Vigo, que permanecerá aberto ata as 23.30 horas, do mesmo xeito que o sábado, mentres que o domingo pechará ás 21.00 horas.

Durante tres días haberá numerosas actuacións musicais polas rúas da cidade, sendo o domingo ás 18.00 horas o acto principal da celebración, coa expulsión dos franceses.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...