InicioSociedadeVinte persoas comezan unha nova etapa laboral no Condado Paradanta

Vinte persoas comezan unha nova etapa laboral no Condado Paradanta

PUBLICADO O

- Advertisement -

Con motivo do primeiro día de curso, o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o Alcalde das Neves, Xosé R. Méndez, deron a benvida este martes no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) aos alumnos e traballadores do obradoiro de emprego “Coidar de Nós”.

Vinte persoas desempregadas dos concellos das Neves e de Ponteareas comezan hoxe unha nova andaina profesional na que se capacitarán en duas ramas (sociosanitaria e xardinería).

Neste primeiro día de traballo o equipo directivo do obradoiro destacou o éxito de inserción laboral acadado no anterior obradoiro de emprego chegando na rama de sociosanitaria ao 100%.

O Alcalde de Ponteareas destaca que este é un exemplo do bo resultado do traballo realizado en conxunto por varias adminstracións, agradecendo á Xunta de Galicia que atendeu ás peticións conxuntas dos dous concellos.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha subvención de 288.807 euros para este obradoiro cun reforzo económico de 4.500, para incentivar a contratación e cubrir os gastos salariais derivados dos contratos de traballo que se suscriban co alumnado, ademais das achegas e fondos propios do concello de Ponteareas e de As Neves.

Alentados por esta cifra aprenderán e traballarán ao mesmo tempo durante nove meses de curso e contrato que lles permitirá ter un salario e cotizar á seguridade social ao tempo que se forman e amplían as súas expectativas laborais.

Clases teóricas pero tamén moitas clases prácticas que desenvolverán na residencia de Maiores de Ponteareas, no Centro de Día das Neves e na asistencia domiciliaria nos dous concellos, Ponteareas e As Neves.

No caso do módulo de xardinería, os e as participantes terán que afrontar primeiro o nivel I no que nas horas prácticas crearán un viveiro de prantas. Unha vez acadado o nivel I pasarán á formación e traballo do nivel II de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

Neste nivel II actuarán en parques e zonas verdes dos dous concellos. Na súa intervención, o Alcalde de Ponteareas destacou a alta participación de mulleres, correspondendo ao 99%, “estes obradoiros son imprescindibles para abrir unha vía ao mercado laboral e máis no caso das mulleres que teñen unha tasa de desemprego máis alta, tal e como se reflexa hoxe nesta aula”.

Pola súa parte, o Alcalde das Neves, insistíu na necesidade da implicación social en tódolos niveis e suliñou a importancia destas dúas formacións que desempeñarán labores de coidado das persoas e tamén de bens comúns.

Por cuarto ano consecutivo Ponteareas consegue afianzar un obradoiro que se enmarca dentro das iniciativas de fomento do emprego e creación de postos de traballo, ofrecendo ademais ás beneficiarias formación para mellorar o seu curriculum e facelos máis competitivos no mercado laboral.

Este obradoiro enmárcarse nas iniciativas de emprego do actual goberno municipal, que ten como finalidade formar a poboación para acceder a máis ofertas de emprego e xerar oportunidades de traballo.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...

Condenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4 anos o condutor novel que embestiu a unha motorista en Coruxo no...

O xulgado do Penal 2 de Vigo condenou á pena de 2 anos de cárcere ao...

O BNG anuncia unha batería de iniciativas contra a “inxusta exclusión” de Vigo como porto nodal

O BNG anunciou este venres unha batería de iniciativas contra a "inxusta e inxustificada"...