InicioSociedadeUnha concentración polo peche da antiga estación de buses esixe o reacollo...

Unha concentración polo peche da antiga estación de buses esixe o reacollo das persoas sen fogar

O foro socioeducativo Os Ninguéns propuxo que o edificio da antiga estación de autobuses sexa dedicado a crear un albergue, xa que os que hai na cidade "están colapsados".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O valado das instalacións da antiga estación de autobuses de Vigo, na Avenida de Madrid, levou a que este domingo se realizase unha concentración para esixir o reacollo das persoas sen fogar que viven alí e que se faga un “censo inmediato” das persoas que viven na rúa na cidade olívica. Os presentes, convocados polo foro socioeducativo Os Niguéns, cargaron contra a Xunta e o Concello de Vigo e criticaron a “omisión constante” das competencias de vivenda que teñen o Executivo galego.

“Lembramos que a vivenda pública non é o mesmo que a vivenda social, de feito neste momento non hai vivenda social na cidade de Vigo”, alertaron. Neste sentido, propuxeron que o edificio da antiga estación de autobuses sexa dedicado a crear un albergue, xa que os que hai na cidade “están colapsados”. “Se estas reivindicacións non se atenden serán por unha conduta institucional cruel e contraria á Constitución e aos dereitos humanos”, sinalaron desde Os Ninguéns. Así mesmo, avanzaron que este luns acudirán ao Concello e á Xunta para solicitar, por escrito, un “reacollo inmediato” desas persoas.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...