InicioSociedadeO Concello abre expediente de sanción a Ryanair por graves incumprimentos do...

O Concello abre expediente de sanción a Ryanair por graves incumprimentos do acordo para o voo a Londres

Ten subscrito un contrato de promoción turística da cidade coa aerolínea.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Concello de Vigo abriu un expediente de “imposición de penalidades” á aerolínea Ryanair, coa que ten subscrito un contrato de promoción turística da cidade a través da conexión aérea con Londres, por “graves” imcumprimentos do acordo, tanto en materia do número de voos como das accións publicitarias comprometidas.

En declaracións remitidas aos medios, o alcalde, Abel Caballero, referiuse ao recente anuncio de Ryanair de recortar máis voos, entre eles, en Vigo (unha conexión a Barcelona) e sinalou que, aínda que a compañía é “libre de facer os voos que considere e desde onde considere”, hai un acordo para o Vigo-Londres que Ryanair “está a incumprir”. Así, sinalou que a empresa incumpriu o número de voos pactados e os termos da promoción turística que estaba “obrigada” a realizar; por esas “deficiencias” e “incumprimentos”, o Concello abriu un expediente “pra analizar a situación na que se atopa” ese contrato.

“A ruta a Londres está vinculada a un contrato de promoción co Concello que a compañía Ryanair incumpriu con faltas graves. Isto significa que xa se iniciou un expediente de imposición de penalidades por incumprimento grave”, confirmou o rexedor, que matizou que, en realidade, son dous expedientes, un polo recorte de voos e outro polas accións de promoción. Segundo explicou, “en moi poucos días” resolveranse os trámites “e os técnicos decidirán que corresponde facer cos incumprimentos de Ryanair no voo de Vigo a Londres”.

ÚLTIMAS

Un motorista morre nun accidente na Avenida do Aeroporto de Vigo

Un motorista faleceu na noite deste mércores en Vigo despois de sufrir un accidente...

Unha avaría eléctrica deixa sen luz uns 3.500 usuarios en Vigo

Unha avaría nunha liña eléctrica subterránea de media tensión provocou este xoves cortes na...

Aprazan o Celta-Osasuna ao 27 de agosto e levanta rebumbio

O RC Celta de Vigo informou do adiamento do seu partido ante o CA...

Falece un motorista nunha rotonda da Avenida do Aeroporto en Vigo

Un motorista perdeu a vida na noite deste pasado mércores en Vigo tras sufrir...