InicioSociedadeA praia do Mende, proposta por Caballero para ser a Bandeira Azul...

A praia do Mende, proposta por Caballero para ser a Bandeira Azul número 13 de Vigo

As 12 que xa conseguiron Bandeira Azul o ano pasado son: O Adro, en Bouzas; A Punta; Carril; Santa Baia; A Fonte; Argazada; Samil; Fontaíña; O Vao; Canido; Fortiñón, e Rodas, nas Illas Cíes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello proporá tamén a praia do Mende, situada no barrio de Teis, para conseguir ata 13 Bandeiras Azuis este verán. Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor avanzou que o municipio presentará este ano 18 candidaturas para os galardóns de bandeira e carreiro azul.

En concreto, o areal do Mende únese ás 12 que xa conseguiron Bandeira Azul o ano pasado: O Adro, en Bouzas; A Punta; Carril; Santa Baia; A Fonte; Argazada; Samil; Fontaíña; O Vao; Canido; Fortiñón, e Rodas, nas Illas Cíes. Ademais, o Concello presentará cinco candidaturas para o recoñecemento de Carreiro Azul: a ruta entre Faros de Cíes, a senda entre Bouzas e Canido, a senda litoral da Guía, a Vía Verde e a Senda do Lagares

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...