InicioSociedadeVigo apaga "o mellor Nadal da historia do mundo"

Vigo apaga “o mellor Nadal da historia do mundo”

Faino cunha homenaxe aos afectados pola DINA en Valencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo apagou este domingo “o mellor Nadal da historia do mundo“, tras preto de 60 días, desde que as luces foron acendidas o pasado 16 de novembro, nos que a cidade recibiu “máis visitantes que nunca”. Nun acto multitudinario que tivo lugar na Porta do Sol, unha vez máis, o alcalde, Abel Caballero, despediu o Nadal baixo a árbore xigante arroupado polo seu goberno e por miles de cidadáns que non se quixeron perder o evento.

Alí, Caballero volveu a ter unhas palabras de agarimo para todos os afectados pola DINA en Valencia, levando a cabo unha homenaxe cun espectáculo de luces na árbore mentres soaba o himno valenciano.

Tras el, o rexedor reivindicou estas festas como o “mellor Nadal que houbo nunca en ningunha cidade do mundo na historia”, destacando os datos de afluencia de visitantes que, segundo dixo, foron máis que nunca. Por iso, subliñou a importancia que isto supón para os hoteis, os restaurantes e a hostalaría en xeral de Vigo, mostrando o seu afecto por todos os “amigos” que chegaron á cidade nos últimos meses para gozar das súas luces.

Tras chancear coas voces que lle pediron que deixase as luces acesas, Caballero comezou a conta atrás do apagado oficial, despois de escoitar por última vez este ano ‘Happy Xmas’ de John Lennon. Desta maneira, acabou o Nadal “en todo o planeta”, segundo sentenciou o alcalde.

NADAL DE VIGO

Vigo acendeu as súas luces de Nadal o pasado 16 de novembro, dando así o comezo ás festas “en todo o planeta”. Unhas 420 rúas de Vigo estiveron iluminadas durante dous meses con 11,5 millóns de luces LED, contando cuns 1.300 arcos e 2.500 árbores iluminadas. Ademais, nesta ocasión por primeira vez Elduayen tivo unha iluminación especial, tras a súa humanización, así como Marques de Valladares, que contou dunha nova iluminación que reduce case un 93% a contaminación lumínica e un 60% o uso de enerxía.

ÚLTIMAS

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar que rexentaba en Vigo

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar...

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...