InicioSociedadeO renovado PAC do Porriño atenderá a pacientes oncolóxicos para evitar desprazamentos...

O renovado PAC do Porriño atenderá a pacientes oncolóxicos para evitar desprazamentos ao Cunqueiro

Esta posibilidade comezará a materializarse durante as mañás do mes de xaneiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A reforma e ampliación do centro de saúde do Porriño permite “optimizar o espazo” do Punto de Atención Continuada (PAC) para que en xaneiro, polas mañás, os pacientes que reciben tratamentos oncolóxicos poidan ser atendidos sen ter que desprazarse ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. “É, sen dúbida, un gran paso adiante na calidade de vida destes pacientes”, asegurou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, en declaracións aos medios tras visitar as novas instalacións sanitarias nas que a Xunta investiu un total de 6,2 millóns de euros.

O conselleiro explicou que o centro de saúde estará “moi orientado cara á comunidade”, que é “o que ten que ser”. Con respecto á PAC, máis aló da súa nova capacidade para poder atender a pacientes oncolóxicos, detallou que estará “moi ben dotado”, con tres consultas de Medicina de Familia, dúas de Enfermaría, unha sala de Observación e outra de Reanimación. Gómez Caamaño destacou as instalacións destinadas aos profesionais, que fan que o centro “sexa moi afable á hora de traballar”, así como a “importante dotación de dispositivos sanitarios”, como un novo ecógrafo portátil, sistemas de monitorización da tensión arterial e gasómetros, entre outros.

“Unha chea de cousas que o fan un centro de saúde moderno, adaptado ás necesidades do século XXI, e que non só vai facer que os profesionais sanitarios traballen en boas condicións, senón tamén que os pacientes sexan atendidos baixo os criterios de calidade, eficacia, seguridade e eficiencia”, resumiu o conselleiro, sen deixar de agradecer a colaboración do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, na cesión de terreo e na habilitación das infraestruturas de auga e luz. Antonio Gómez Caamaño tamén estivo acompañado, na visita, polo xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), José Ramón Parada, e a da área sanitaria de Vigo, Javier Puente.

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...