InicioSociedadeCondenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4...

Condenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4 anos o condutor novel que embestiu a unha motorista en Coruxo no 2023

O mozo invadiu o carril contrario nunha recta e a unha velocidade dun 70 km/h, de maneira que a motorista que viña en dirección contraria non puido evitar a colisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

xulgado do Penal 2 de Vigo condenou á pena de 2 anos de cárcere ao condutor novel que, en xullo de 2023, saíu do seu carril na PO-552 e embestiu a unha motorista, que faleceu no sinistro, como autor dun delito de homicidio por imprudencia grave. Segundo se recolle na sentenza, quedou probado que o mozo, que circulaba no coche da súa nai e que obtivera o permiso de conducir unha semana antes, invadiu o carril contrario nunha recta na parroquia de Coruxo e a unha velocidade dun 70 km/h, de maneira que a motorista que viña en dirección contraria, aínda que tentou manobrar, non puido evitar a colisión e faleceu como consecuencia das graves feridas sufridas polo impacto.

A xuíza expón na súa resolución que o condutor non realizou ningunha manobra para tentar evitar o choque e que omitiu “os máis elementais deberes de coidado”, creando “un risco grave e evitable”. Ademais, considera que nada tivo que ver o seu tratamento para o TDAH e que “é inatendible a gratuíta manifestación” realizada polo acusado no xuízo, cando alegou que se mareou, porque non referiu nin mareo nin perda de coñecemento ás testemuñas, ou aos axentes da Garda Civil ou profesionais sanitarios que o atenderon instantes despois do accidente. Por todo iso, a maxistrada resolveu condenalo a 2 anos de cárcere e imponlle a privación do dereito a conducir durante 4 anos. Ademais, establece que non cabe indemnización complementaria aos pais da falecida por prexuízo psicofísico, xa que xa percibiron máis de 160.000 euros por parte da aseguradora do acusado.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...