InicioVigo e contornaRedondelaO Concello de Redondela acusa á Xunta de "inacción" e pide a...

O Concello de Redondela acusa á Xunta de “inacción” e pide a “xestión directa” da Illa de San Simón

O Concello asegurou que o principal problema é a "complexidade" para poder xestionar visitas á illa, despois de que en 2022 pasase a formar parte da Fundación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Redondela demandou este luns unha “xestión directa” da Illa de San Simón ante a “inacción” da Xunta de Galicia.

Nun comunicado, a concelleira de Turismo, Rita Pérez, expresou o “profundo malestar” que existe entre os axentes turísticos e no goberno local, xa que desde que a illa pasou a formar parte da Fundación Museo do Mar de Galicia “os trámites para solicitar visitas complicáronse e demóranse semanas”.

Precisamente esta mañá Pérez reuniuse con empresarios do sector para valorar o potencial do turismo cultural de Redondela, onde coincidiron no “gran potencial” da enseada e da Illa de San Simón, sendo “a gran xoia de Redondela e de toda a ría de Vigo”, polo que “hai que pola en valor”.

O Concello asegurou que o principal problema é a “complexidade” para poder xestionar visitas á illa, despois de que en 2022 pasase a formar parte da Fundación.

“Desde entón, os trámites complicáronse e demóranse durante semanas”, insistiu Pérez, expresando o “profundo malestar” do sector, que ten “moitas dificultades” para organizar actividades alí.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...