InicioSociedade(Vídeo) Unha decoración especial da árbore en homenaxe ás vítimas da DANA,...

(Vídeo) Unha decoración especial da árbore en homenaxe ás vítimas da DANA, protagonista no aceso do Nadal “en todo o planeta”

"Temos o orgullo de ter recuperado esta tradición e cultura que empezaba a desaparecer", expuxo Caballero, mentres pedía aos milleiros e milleiros de persoas que enchían as rúas de Vigo que retrocedese a aqueles tempos de "cando eramos pequenos, e fomos felices, todos nos acordamos das nosas familias, das nosas casas, daquel Nadal de fai tantos anos, e hoxe facémolo no século XXI".

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Hoxe acéndese o Nadal en Vigo e en todo o planeta”. E dito e feito, tras esta frase o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, iniciou a súa tradicional conta atrás (en inglés, en castelán e en galego) para dárlle ao botón que fixo que se iluminasen as máis de 11 millóns de luces LED que adornan as rúas da urbe. Fíxose día sendo noite e un sentimento de gozo e ledicia instalouse no corazón dos milleiros e milleiros de persoas que se achegaron á ‘cidade onde vive o Nadal’ para non perderse o acto de aceso.  na Porta do Sol había xa 7.000 persoas que, despois de facer longas colas para acceder, puideron contemplar en directo a nova iluminación da árbore de máis de 44 metros de altura que este ano pode verse dende múltiples puntos da cidade, tamén grazas á grande estrela que o coroa.

Un acto festivo como debería ser o comezo das celebracións do Nadal estivo este ano marcado pola solemnidade. Como homenaxe ás vítimas da DANA e en apoio a todos os afectados que aínda loitan en moitas localidades da Comunidade Valenciana por recuperar as súas vidas, os primeiros minutos de iluminación da árbores estiveron adicados á representación da bandeira de Valencia coa mensaxe ‘Forza Valencia’ e o himno da comunidade soando: “Desde Vigo, para Valencia”. Abel Caballero e todo o equipo do Goberno local gardaron así un sentido silencio durante o que durou a canción. “Dende aquí querémoslles mandar todo o noso agarimo, respecto, solidariedade e dor polas vítimas”, asegurou. Tras iso, e logo de mandar o agarimo e a forza de todos os vigueses e os visitantes alí presentes ao territorio valenciá, si que si, comezou a celebración, co ‘Happy Xmas’ de John Lennon, como xa vén sendo habitual.

Durante o seu discurso, Abel Caballero tamén expresou unha realidade que tocou o corazonciño dos adultos. Asegurou que é normal que cando un se fai maior perda a alegría por estas festas, polas ausencias e tamén polos desgustos e circunstancias da vida, pero veu recordarlles que paga a pena tamén celebralas como motivo de superación, porque as festas do Nadal están cheas de “felicidade” e de “ilusión”. Asegurou que “o Nadal é momento de concordia, de felicidade”, e iso foi algo que se volveu arrincar dende Vigo: “Unha grande tradición, a tradición de Nadal” (‘This is Christmas’, proclamou). “Temos o orgullo de ter recuperado esta tradición e cultura que empezaba a desaparecer”, expuxo Caballero, mentres pedía ao público que retrocedese a aqueles tempos de “cando eramos pequenos, e fomos felices, todos nos acordamos das nosas familias, das nosas casas, daquel Nadal de fai tantos anos, e hoxe facémolo no século XXI”.

Caballero reivindicou deste xeito a importancia das festas do Nadal e, en presenza de xente de todos os lugares de Galicia, España, Europa e mesmo doutros lugares do planeta, esperou que o seu “clima de paz” se traslade tamén ao resto do ano, non só a estas datas, e a todo o mundo, en alusión aos múltiples conflitos e enfrontamentos que dividen á poboación e causan guerras e penurias ao redor do planeta, véxase a guerra de Ucraína ou a de Gaza. “O clima do Nadal ten que seguir enchendo esta cidade, toda España, toda Europa, todo o ano”, desexou, e destacou que “o Nadal ten unha palabra moi importante (aparellada): paz”. “A palabra do Nadal é paz, e iso é o que dende aquí queremos dicir”, que “a paz é un ben moi prezado e moi importante”, concluíu.

ÚLTIMAS

Haberá novos paros parciais de Vitrasa en pleno Nadal ante a falta de acordo

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo,...

BNG e PP suman forzas no Senado para obrigar ao Goberno a rematar en 2030 o tramo do AVE entre Vigo e Porto

O Pleno do Senado aprobou este mércores, grazas á maioría absoluta do PP, unha iniciativa...

(En imaxes) O Nadal de Vigo chega ás paradas de bus e estacións de metro de Nova York, Londres, París e Roma

O Nadal de Vigo chegou ao mundo enteiro. Xa non só se coñece a nivel...

Ecoloxistas piden ao alcalde de Vigo que non coloquen luces de Nadal en árbores e paren as “podas drásticas”

A Asociación Amigas das Árbores de Vigo presentou este mércores un escrito dirixido ao...