InicioSociedadeCondutor de Vigo enfróntase a un ano e medio de prisión por...

Condutor de Vigo enfróntase a un ano e medio de prisión por fuxir sen carné nunha persecución temeraria

A Fiscalía pide tamén a inhabilitación para conducir durante dous anos e o pagamento de indemnizacións á aseguradora e o taller.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sala do Penal 2 de Vigo acollerá este xoves un xuízo contra un condutor multirreincidente, que foi sorprendido circulando sen carné e de forma temeraria, e que protagonizou unha espectacular persecución policial polas rúas da cidade, antes de ser interceptado.

Segundo se recolle no escrito de acusación da Fiscalía, os feitos ocorreron na madrugada do 31 de agosto de 2023, cando o acusado circulaba nun coche (que está a nome doutra persoa) e, ao decatarse da presenza dun vehículo policial realizou unha serie de manobras sospeitosas e emprendeu a fuxida.

Os axentes saíron en persecución do vehículo, no que, ademais do condutor, viaxaban outro tres persoas, unha delas, un menor de idade cuxa desaparición fora denunciada en Ourense o día anterior.

A fuxida do acusado levoulle por varias rúas da zona de Teis, Lavadores e, sobre todo, o barrio de O Calvario. Así, na persecución conduciu de forma temeraria, chegando a circular a 100 quilómetros por hora en vías coa velocidade limitada a 30 km/h, e mesmo en dirección contraria por varias rúas; ademais, chocou contra un dos coches policiais que participaba no operativo.

DELITOS E PENAS

Por estes feitos, a Fiscalía acusa a este condutor dun delito contra a seguridade viaria por circular sen carné e outro delito de condución temeraria, e pide que se lle aplique a circunstancia agravante de multirreincidencia, xa que o home foi condenado en tres ocasiones (en 2021, 2022 e en marzo de 2023) por conducir co permiso retirado.

De feito, a Policía puido comprobar que tiña o carné retirado desde abril de 2021 por perder todos os puntos, e non consta que cumprise os requisitos para obter un novo permiso de conducir.

O ministerio público pide que se lle condene a penas que suman un ano e medio de prisión, e que se lle prive do dereito a conducir durante 2 anos. Igualmente, reclama que indemnice á aseguradora do coche policial en 1.864 euros e en 363 euros ao taller que fixo a reparación.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

Buscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou de que este venres...