InicioSociedadePacientes de Oncoloxía da área sanitaria de Vigo poderán tratarse en Ourense...

Pacientes de Oncoloxía da área sanitaria de Vigo poderán tratarse en Ourense ante o incremento da demanda en radioterapia no Meixoeiro

Sanidade subliña que busca "axilizar" a atención e que se realiza con doentes en "unha situación adecuada" e por "criterios xeográficos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Servizo Galego de Saúde (Sergas) ofrece a pacientes de Oncoloxía da área sanitaria de Vigo e da de Pontevedra tratarse no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), ante o incremento da demanda en radioterapia. Así o confirman a Europa Press fontes da Consellería de Sanidade, que subliñan que a intención é “axilizar” a atención. En todo caso, estes traslados son de doentes en “unha situación adecuada” e por “criterios xeográficos”.

Isto empezouse a facer debido ao incremento “nos últimos anos” dos pacientes que se someten a radioterapia no Hospital Meixoeiro de Vigo, que recibe non só a persoas con domicilio na área sanitaria da cidade olívica, senón tamén de Pontevedra-O Salnés. De acordo con cifras da Consellería de Sanidade, entre os meses de xaneiro e agosto deste ano o servizo de radioterapia atendeu a 1.925 persoas, medio cento máis que no mesmo período de 2023, cando foran 1.871.

Cómpre lembrar que en setembro transcendeu que o Meixoeiro estaba a citar a pacientes con cancro de madrugada para someterse a radioterapia. Naquel momento, ocorría tamén que eran derivados desde Ourense pola renovación das máquinas do CHUO. De feito, tal e como explica Sanidade, o horario ampliado no hospital vigués continúa actualmente pero “só” para aqueles doentes “que, por motivos clínicos, deben manter un horario sempre similiar nas súas sesións”.

CABALLERO CRITICA O TRASLADO: “É UNHA MOCIÓN DE CENSURA DA XUNTA A SI MESMA”

Sobre esta cuestión, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou este mércores o seu “descontento” e “desacordo” coa decisión do Sergas. Nunhas declaracións enviadas aos medios, o rexedor olívico cuestionou “por que non se dá o tratamento en Vigo” e “por que non hai en Vigo capacidade e persoal” para que eses pacientes fagan o seu tratamento na cidade. Tras constatar a “imprevisión e mal servizo” da Xunta en materia de Sanidade en Vigo, Abel Caballero subliñou que o Sergas “mete unha enorme presión” aos profesionais sanitarios para que atendan á xente, “e aínda enriba teñen que levar a xente a Ourense”.

Por iso, reclamou “máis persoal e máis instalacións” para estes tratamentos, e constatou que a oferta aos enfermos para que se traten fóra de Vigo é “unha moción de censura da Xunta e do Sergas a si mesmos”, unha “moción de censura á xestión da Sanidade en Vigo nos últimos 10 anos”. Finalmente, trasladou o seu apoio e recoñemento aos profesionais da Sanidade en Vigo, e insistiu en que é “intolerable” que a xente da cidade teña que recibir as súas terapias en Ourense. “Esta Xunta é unha calamidade”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...