InicioSociedadeReclaman aos gobernos da Península a elaboración dun novo tratado bilateral España-Portugal

Reclaman aos gobernos da Península a elaboración dun novo tratado bilateral España-Portugal

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dirixentes municipais, empresariais e académicos da fronteira hispano portuguesa, integrados na RIET (Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas) reclamaron aos gobernos de España e de Portugal que impulsen o Corredor Atlántico.

Foi durante a reunión da asemblea xeral deste organismo que tivo lugar na localidade portuguesa de Fundão na que analizaron as accións propostas a ambos os gobernos para ser debatidas na próxima Cimeira Ibérico, o 21 de novembro en Valladolid.

Durante a reunión, a RIET aprobou unha moción na que solicita que se cree un grupo de traballo para impulsar o corredor do Atlántico e os investimentos e medidas complementarias en todos os ámbitos para garantir o desenvolvemento do Atlántico.

Na moción aprobada, a RIET destaca que o espazo Atlántico representa a totalidade da fronteira máis longa de Europa, integrada por territorios de baixa densidade en alerta vermella demográfica. Por tanto, está en causa a cohesión da Península Ibérica e a súa competitividade económica e social no escenario europeo post crise.

Entre estas propostas analizáronse tamén as medidas para combater os incendios, contidas nun documento elaborado polo Eixo Atlántico, membro da RIET.

“España e Portugal manteñen a fronteira máis longa e estable de Europa, o que fai necesaria unha dobre diplomacia: a tradicional entre ambos os estados e unha específica de fronteira que contempla os problemas da poboación que viven neste territorio”, apunta nun comunicado o Eixo Atlántico.

Así, suliña que neste espazo existen problemas pero tamén oportunidades de colaboración, en asuntos relacionados co transporte, a planificación sanitaria conxunta, a compartición de recursos educativos ou o combate conxunto contra os incendios.

Uns obxectivos de colaboración que para desenvolverse requiren da elaboración dun tratado bilateral adecuado aos tempos tal e como propón a RIET no documento que se fixo chegar á ambos os gobernos.

A Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas de Cooperación (RIET) é un proxecto nado en 2009, constituído por organizacións municipais, empresariais e de educación próximas á fronteira de España e Portugal.

Actualmente, a RIET está formada por 8 asociacións empresariais, 8 entidades transfronteirizas e 10 universidades ao longo de toda a fronteira entre España e Portugal.

ÚLTIMAS

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...