InicioSociedadeNova concentración na praia do Vao para reclamar "acceso libre" á illa...

Nova concentración na praia do Vao para reclamar “acceso libre” á illa de Toralla

Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Plataforma pola Defensa da Ría, Amigas da Terra e colectivos veciñais reclaman á Xunta que aclare se a nova lei do litoral "vai ser útil para isto ou só para construír hoteis privados na costa e eternizar certas ocupacións do dominio público marítimo-terrestre".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A praia do Vao en Vigo acolleu este sábado un novo acto reivindicativo, organizado por Ecoloxistas en AcciónGreenpeacePlataforma pola Defensa da RíaAmigas da Terra e colectivos veciñais, para reclamar o “acceso libre” á illa de Toralla, situada fronte ao areal e unida á costa por unha ponte. Os participantes na protesta despregaron unha gran pancarta co lema ‘Únete á reconquista de Toralla’ e chaman á concienciación da cidadanía sobre a relevancia de recuperar ese espazo “para uso e goce de todos os vigueses”.

As organizacións fixeron un chamamento ao goberno local para que emprenda accións legais con fin de “recuperar” a illa de Toralla e lembraron que, en 2008, a entón ministra de Medio Ambiente (e actual concelleiro e deputada autonómica), Elena Espinosa, anunciou a realización dunha senda peonil ao redor da illa, que finalmente non se puido levar a cabo.

Por outra banda, tamén reclaman á Xunta que aclare se a nova lei do litoral “vai ser útil para isto ou só para construír hoteis privados na costa e eternizar certas ocupacións do dominio público marítimo-terrestre”. A normativa actual recolle que calquera persoa pode chegar a pé ata a beira do mar, pero a realidade é que, as persoas queren visitar Toralla, só poden chegar ata as praias situadas aos lados da ponte que comunica a illa con terra.

As entidades ecoloxistas denunciaron que, neste caso, non se cumpre a servidume de tránsito nin de acceso público e gratuíto ao mar, e lembraron que existen varios pronunciamentos por parte da Xustiza sobre o peche da illa de Toralla. Así, en outubro de 1997, o Tribunal Supremo rexeitou os recursos dos residentes particulares da illa, que pedían o uso exclusivo das praias e da ponte.

“A sentenza deixaba claro que, en base á lei de costas, os propietarios debían ceder para dominio público seis metros de terreo a partir da máxima pleamar rexistrada. En definitiva, estamos ante un longo problema de incumprimento legal”, apuntaron desde Ecoloxistas en Acción, que constatou que a illa de Toralla “é un espazo público pero que, na práctica, utilízase como reserva privada de forma ilegal”.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...