InicioSociedadeGalicia e Portugal ratifican as fronteiras do Miño de 1864

Galicia e Portugal ratifican as fronteiras do Miño de 1864

Foi nun acto no que participaron 13 alcaldes de concellos fronteirizos galegos e portugueses.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os cinco municipios raianos do Alto-Miño e oito galegos revalidaron o auto de recoñecemento da fronteira do río Miño. Foi nun acto celebrado este martes no Aquamuseu do Río Miño, en Vila Nova de Cerveira.

A sinatura desta acta está prevista no Tratado de Límites entre Portugal e España, asinado a 29 de setembro de 1864, (e que este ano cumpre 160 anos de existencia). Ten por obxectivo ratificar o recoñecemento efectuado das respetivas seccións de fronteira do río Miño, en ambas as marxes, polos respetivos alcaldes.

A acta conxunta foi asinada polos alcaldes de Melgaço, Monção, Valença, Vila Nova de Cerveira e Caminha, do lado portugués, e os galegos de galegos da Garda, Arbo, As Neves, Crecente, O Rosal, Salvaterra do Miño, Tomiño e Tui.

Así sendo, os 13 concellos raianos (cinco portugueses e oito galegos), que teñen o río Miño como elemento fronteira, xuntáronse neste encontro anual que legalmente confirma e valida a liña divisoria de fronteira entre Portugal e España.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...