InicioSociedadeUn home enfróntase a seis anos de cárcere tras incautarlle varias doses...

Un home enfróntase a seis anos de cárcere tras incautarlle varias doses de cocaína e heroína

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Audiencia de Pontevedra xulgará o martes a un home que se enfronta a seis anos de cárcere, por un delito de contra a saúde publica, ao que lle incautaron varias doses de heroína e cocaína.

Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos producíronse en xaneiro de 2022 cando axentes da Garda Civil realizaban labores de vixilancia na avenida de Sanguiñeda, en Mos, e deron o alto ao acusado.

Ante o nerviosismo do home, os axentes procederon a rexistralo e foi entón, cando o acusado, tirou ao chan un moedeiro que contiña un envoltorio con cocaína e outro con heroína.

Os axentes procederon a rexistrar ao home e atopáronlle 1.316 euros en billetes de pequeno valor “provenientes da distribución de drogas a terceiras persoas”. Así mesmo, segundo o Ministerio Público, no rexistro do vehículo atoparon, debaixo da guantera do condutor, un envoltorio de cocaína e outro de heroína.

Por todo iso, o acusado, reincidente e cunha atenuante por drogadicción, enfróntase a seis anos de prisión e a unha multa de 6.470 euros (o triple do valor obxecto do delito).

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...