InicioVigo e contornaVigoAcusan ao Concello de Vigo por "demorar" en cumprir a sentenza que...

Acusan ao Concello de Vigo por “demorar” en cumprir a sentenza que anulou a concesión de tres parking

As demandantes sosteñen que hai precedentes na resolución de concesións xestionadas polos propios concellos, pero lamentaron que o de Vigo "presentou recurso, algo que iría contra os intereses dos cidadáns e en beneficio dunha empresa privada"

PUBLICADO O

- Advertisement -

As empresas demandantes que recorreron a adxudicación da concesión administrativa sobre tres aparcadoiros de Vigo, volveron a denunciar que, anulada dita concesión e ratificada polo Tribunal Supremo, o Concello da cidade está “a demorar inxustificadamente” a execución da sentenza, que lle obriga a asumir a xestión (ben directamente ou mediante outra licitación de concesión) de máis de 1.200 prazas de estacionamento en zonas céntricas da cidade.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nunha sentenza de marzo de 2023, declarou nula a concesión deses aparcadoiros (o de Areal, o de Policarpo Sanz e o de Pintor Colmeiro) porque a UTE adxudicataria, Eloymar-Tranvías, non cumprira os pregos no que respectaba ás dimensións das prazas. O alto tribunal galego ordenaba ao Concello que decidise cal era o mellor modo para seguir prestando ese servizo público.

A UTE recorreu, pero o Tribunal Supremo, en maio pasado, rexeitou o seu recurso e a sentenza do TSXG deveu firme. Con todo, sinalaron o catro empresas que impugnaron o proceso, o Concello non fixo nada por cumprir a sentenza, mentres “permite” que a empresa ‘expulsada’ da licitación polos tribunais, siga xestionando estes aparcadoiros.

Ademais, recalcaron que os estacionamentos están entre os máis caros de Vigo e as tarifas poderían abaratarse cunha nova xestión, que podería realizarse tras a convocatoria doutra licitación, “con novas condicións de explotación”.

As demandantes sosteñen que hai precedentes na resolución de concesións xestionadas polos propios concellos, pero lamentaron que o de Vigo “presentou recurso, algo que iría contra os intereses dos cidadáns e en beneficio dunha empresa privada”. Así mesmo, advertiron da posibilidade de que se impoñan multas coercitivas á administración municipal se segue “permitindo que a concesionaria sen licenza siga explotando os parkings”.

“A forma do proceder do Concello é inexplicable”, segundo subliñaron, habendo empresas “con capacidade e competencia acreditadas” para optar a xestionar esas instalacións, e criticaron que o goberno local prefire, por contra, “seguir amparando esa ilegalidade”.

ÚLTIMAS

Incautados en Tahití case 524 quilos de cocaína nun pesqueiro con base en Vigo

A Mariña francesa incautouse dun alixo de 524 quilos de cocaína atopado nun barco pesqueiro con...

Abel Caballero saca peito do feito no ano 2024, “o mellor ano na historia de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do 2024, "o mellor ano na historia...

Defensa da Sanidade Pública denuncia que o contrato da Xunta con Povisa “consolida a privatización hospitalaria”

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denunciou que o contrato con...

OPINIÓN.- Vigo e a construción da paz mundial

A construción dunha Europa internacionalista e pacífica require unha profunda transformación nas dinámicas de...