InicioSociedadeUn plan de tráfico en marcha para alixeirar o acceso a colexios...

Un plan de tráfico en marcha para alixeirar o acceso a colexios no inicio do curso

Segundo indicou o alcalde, Abel Caballero

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que o Concello porá en marcha un plan de tráfico para alixeirar o acceso aos colexios da cidade neste inicio de curso, que arrinca a partir do mércores 11 de setembro.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor dixo que axentes da Policía Local darán atención ás inmediacións dos centros á entrada e á saída dos 36.000 alumnos que cursan os seus estudos na urbe. A intención, segundo subliñou, é facilitar e alixeirar o tráfico, non só dos autobuses escolares, senón tamén dos pais e nais que vaian deixar ou a recoller aos seus fillos.

Por outra banda, Caballero informou de que este luns abriu unha nova escola infantil municipal na Praza da Industria. Cun investimento próximo a un millón de euros, dispón de 82 prazas, aínda que a estas instalacións trasladaranse os pequenos que estaban na escola de Santa Marta. O alcalde aproveitou para volver criticar que a Xunta non financie a gratuidade dos comedores das gardarías.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...