InicioSociedadeMonbus reforza a conexión Galicia-Madrid: cinco novas rutas desde o 17 de...

Monbus reforza a conexión Galicia-Madrid: cinco novas rutas desde o 17 de agosto

Esta concesión comprende cinco importantes rutas, desde Vigo, Pontevedra, Zamora, Benavente e Salamanca á capital de España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A compañía de transporte de viaxeiros por estrada Monbus comezará a operar desde o próximo día 17 de agosto a concesión de Madrid a Salamanca e Vigo. A compañía está a ultimar todos os detalles de organización e loxística, ademais da firma do correspondente contrato, para garantir o mellor servizo aos usuarios.

Esta concesión comprende cinco importantes rutas, desde Vigo, Pontevedra, Zamora, Benavente e Salamanca á capital de España. A empresa está firmemente comprometida a mellorar o actual servizo, con mellores tarifas, mantendo e/ou incrementando o número de frecuencias, e con modernos vehículos equipados con tecnoloxía de última xeración en seguridade activa e pasiva.

En próximos días terá activa a través da súa páxina web a venda e reserva de billetes e prevé igualmente pór en marcha un servizo de atención telefónica específico para esta concesión. O calendario concreto de actuacións está pendente de que se completen todos os trámites administrativos pendentes.

A pesar do que que Monbus tivo que afrontar este operativo pola decisión da anterior concesionaria de deixar de vender billetes e reservas, a compañía confía en que a súa experiencia lle permitirá ofrecer un servizo óptimo desde o primeiro día, aínda que tamén quere trasladar aos usuarios as súas desculpas anticipadas polos lóxicos desaxustes que se poidan producir nos primeiros días.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

O PP acusa a Caballero de “engano masivo” por gastar “só o 23%” do orzamento de 2025

O PP de Vigo acusou ao alcalde, Abel Caballero, de "engano masivo" cos orzamentos...